Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2020. O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, adiantou hoxe na súa participación no webinario Ser dixital para vender máis que o próximo venres está previsto publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova liña dotada con 10 millóns de euros para facilitar préstamos directos aos autónomos, microempresas e pemes que teñen máis problemas de liquidez e máis dificultades no acceso ao crédito privado durante a covid-19.
A nova liña de financiamento achegará créditos de entre 3000 e 500.000 euros por negocio, con xuros baixos e próximos ao 0% aos autónomos e as empresas que se dedican a ocupacións como a economía social; o ocio nocturno e a hostalería; a industria cultural e de lecer; as que realizan a súa actividade principalmente no verán, como as orquestras; e as que non teñen un emprazamento único, como os feirantes, entre outros. Disporán dun prazo para a devolución de ata sete anos, nos que están incluídos tres de carencia.
Na súa intervención na xornada organizada coa Federación Galega de Comercio, Conde sinalou que o sector ten que seguir apostando pola súa dixitalización, consolidando as vendas e o posicionamento on line. Neste ámbito, desde o Goberno galego lévanse activado medidas por máis de 31 millóns de euros desde o inicio da pandemia, con programas específicos para o sector centrados na innovación e o e-commerce; e outras iniciativas como o cheque de dixitalización ou o programa Galicia Exporta Dixital, ao que por primeira vez se puideron sumar os comerciantes.
O webinario celebrado hoxe abre o ciclo Ser dixital para vender máis, que inclúe tamén oito talleres complementarios impartidos por expertos en dixitalización. A iniciativa permitirá aos participantes afondar no manexo de determinadas redes sociais para a venda por internet, e dar a coñecer casos de éxito que se poidan aplicar a calquera negocio do comercio galego.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



