Ribadeo, 16 de novembro de 2020. O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que dentro duns días darán comezo as obras de mellora da rúa da Lodeira. O prazo de execución é de dous meses e o investimento ascende a 48.000 euros, que será financiado integramente pola Deputación de Lugo, que é o titular dese vial. O rexedor agradeceu que o presidente da institución provincial cumpra cos compromisos adquiridos con Ribadeo. Suárez Barcia subliñou que esta rúa estaba moi deteriorada e degradada.
O alcalde manifestou: “estamos satisfeitos de ver como a rúa da Lodeira, esta rúa que é urbana a todos os efectos, pero de titularidade da Deputación Provincial de Lugo, por fin vai ser amañada. Estas importantes obras de mellora queren dar resposta á necesidade na que se atopaba este vial que estaba bastante degradado, e que por fin conseguimos o compromiso da Deputación de Lugo para que licitase e para que executase a dotación dun novo pavimento de aglomerado asfáltico, desde o encontro da avenida Rosalía de Castro ata o encontro co vial de servizo da autovía A-8, é dicir, practicamente 400 metros de lonxitude, onde ademais de aglomerado se vai contemplar tamén o pintado e sinalización, así como a mellora dalgún tramo de beirarrúa”.
O rexedor explicou que “é unha inversión de practicamente 48.000 euros de orzamento e financiada esta obra integramente pola Deputación de Lugo, xa que é un vial da súa titularidade. Foi adxudicada á empresa Construcciones Isidro Otero, tendo un prazo de execución máximo de dous meses. As obras empezarán ben a final desta semana ou, como moi tarde, a principios da que ven. Queremos comunicarllo a toda a cidadanía, especialmente aos negocios e ás persoas que viven nese entorno, para que teñan en conta que nos próximos tempos vai haber, se cadra, algúns ruídos e algunhas molestias, pero todas elas necesarias, para que este vial moi deteriorado nestes últimos anos, cobre de novo o esplendor, a seguridade e a accesibilidade que se lle supón que ten que ter”.
Fernando Suárez quixo “valorar o compromiso e a palabra dada polo presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, para con esta mellora necesaria neste vial, que é de titularidade provincial, que estaba esquecido desde hai moitísimos anos, e que nestes acordos de colaboración foi posto enriba da mesa en tempo e estase cumprindo a palabra”.



















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



