A Mariña, ten paralizada outra vez unha autovía no norte, xa non temos nin por onde escapar. Aillados, nun mar sen botes salvavidas. ¿Alguén levanta a man para protestar polo deixados que estamos? ¿Queremos coller as pasaxes do tren cara a nada? Porque semella imos en primeira clase, camiño de descarrilar.
Mentres a pandemia campa coma boi da morte, e as cosecuencias económicas ou sociais vense nas nosas rúas comerciais. As empresas afogan, e afóganas. Os nosos novos sen traballo escapan e a sangría do capital humano capaz de construir futuro medra. Colleunos espidos, e débiles: non facemos , nin fabricamos, non labramos, nin pescamos… ¿Condeados á extinción? Ciivilizacións abandoados no medio de selvas, quedaron valeiras por situacións así, enfermidades e ruinas mercantís.
Non somos, nin seremos os primeiros en irnos, a emigración está na nosa memoria. Escapar dos problemas é a solución doada, e chega un momento que necesaria. O malo é que coma cando fan auga os barcos as ratas liscan a tempo e a orquesta toca ata o fin.
Vivimos tempos sen gobernos, nin oposicións. Fixemos parques sen árbores, peiraos onde atracan coches, polígonos sen naves, mudamos a madeira e a pedra de sempre polo inox e bancos insentables importados.
¡Qué fumos punteiros en varios campos vese na historia! Os nosos maiores tiñan outra idea de respeto e coidado á terra, eran líderes que facían en vez de desfacer, unha sociedade civil desinteresada e unida. Resisitían, adaptábanse, poder de resilencia, eran xente forte e da escola da vida. Sabemos que estamos de paso, pero procuremos para os que veñen o que tanto suor costou.
Falan de plan A de Alcoa… nunca dun Plan B… Falan de hoxe e non de mañá, de saír do paso rápido e da foto. E sempre queda no caixón o de producir e fabricar nós.
¿Porque non se sentan na mesa quenes deben tomar decisións competentes?¿Para cando un Plan de Reconstrucción Comarcal? O dun modelo sostible, un turismo ligado ó patrimonio e natureza, obradoiros de traballo para profesións, texido padroal, artesanía local, urbanismo artístico e de crecemento lóxico, asentar bases sólidas dunha industria de materia autóctona, centros de formación e información, aposta polas tecnoloxías, menos trabas burocráticas, estudar as consecuencias de cada moeda investida…
O mundo muda e precisamos medidas de urxencia. Un pobo sen xente é un deserto de area. Non esperemos agochados que nos saquen as castanas do lume, con pequenas cousas hai cambios, a acción comeza agora e aquí.






















O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



