Ribadeo, 27 de novembro de 2020. O alcalde, Fernando Súarez, fai balance das obras executadas pola Xunta na estación de autobuses da localidade. Para o rexedor eran moi necesarias, pero so supoñen un lavado de cara para a instalación, na que agarda que a administración autonómica siga actuando. O rexedor acompañou ao delegado territorial da Xunta, Javier Arias, na súa primeira visita institucional a Ribadeo e aludiu ao firme compromiso de colaboración institucional.
Suárez Barcia contou que “nesta visita de supervisión ás obras que a Xunta de Galicia fixo nesta estación de autobuses da súa titularidade, que ademais se fai na compaña do delegado provincial da Xunta, o señor Arias. É a súa primeira visita institucional ao concello de Ribadeo e recibímolo con toda a lealdade e co firme compromiso de colaboración entre as partes e, ao mesmo tempo, no persoal deséxolle o maior dos acertos posibles en toda esta nova andaina que ten por diante, especialmente para con Ribadeo”.
O alcalde subliñou que “por fin se remataron estas obras, que desde o Concello de Ribadeo levábamos varios anos dirixíndonos á Xunta por escrito para que as realizaran porque estaba nunha situación lamentable esta estación de autobuses. E aínda que as obras son importantes, desde logo, non constitúen máis que o lavado de cara porque hai unha serie de infraestruturas que necesitan ser melloradas, polo que esperamos que nos próximos tempos vaian actuando neste sentido, para facer da estación de autobuses de Ribadeo algo que sexa máis importante do que é o propio logo da Xunta de Galicia”.




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



