Ribadeo, 16 de novembro de 2020. Desde hoxe e ata o 22 de novembro a Oficina de Turismo de Ribadeo acolle a exposición promovida polo colectivo Egeria Carvalho Calero en Lugo, Don Ricardo de Fingoi, na que se lembran uns anos intensos na vida de Carvalho Calero: traballou no Colexio Fingoi, en Lugo, pero asemade leu a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e comezou a escribir a Historia da Literatura Galega Contemporánea, unha das súas obras máis coñecidas.
A exposición, composta de 12 paneis, ten carácter itinerante. Instalouse primeiro e Lugo, e despois ao longo deste ano en vilas de toda a provincia. A Ribadeo chegou procedente de A Fonsagrada e desde aquí partirá para Triacastela.
Ao acto de inauguración asistiron o presidente de Egeria, Xulio Xiz; Margarita Cela Carvalho, unha das netas de Carvalho Calero que traballa en Ribadeo, e o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso. Colaboran co colectivo Egeria na montaxe desta mostra en Ribadeo as Concellarías de Cultura e de Turismo.





















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



