Viveiro, 6 de novembro de 2020. O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que a avenida de Cervantes, no casco urbano, permanecerá pechada ao tráfico dende o próximo luns 9 de novembro. O corte prodúcese debido ás obras de mantemento que se realizarán no vial e que consisten na reparación do firme, cunha duración estimada dunha semana. A execución deste proxecto fora posposta para realizarse entre a fin do verán e antes do Nadal.
Como consecuencia da necesidade de restrinxir a circulación de vehículos na avenida de Cervantes, o Concello de Viveiro informa das seguintes medidas adoptadas:
Dunha banda, restrínxese a circulación na avenida de Cervantes durante a duración das obras. Dita restrición implica a anulación dos carrís de incorporación procedentes, en ambos sentidos, da estrada LU862 (Travesía da Mariña).
Establecerase a circulación circunstancial en modo alternativo pola rúa Río dos Foles cara a rúa Rego das Frores. Para posibilitar esta dobre circulación, prohibirase o estacionamento na rúa Rego das Frores e instalaranse semáforos circulares para vehículos.
Ademais, para que o servizo de recollida do lixo se realice fóra da área afectada polos traballos, o Concello de Viveiro colocará contedores móbiles na zona da Praza de Abastos, ao carón dos colectores de lixo subterráneos.
Para solucionar o acceso dos usuarios do Centro de Alzheimer, está previsto habilitar un espazo reservado de parada e estacionamento que se ubicará na praza de Juan Donapetry.
Por último, a empresa de transporte escolar afectada polas obras realizará un cambio de itinerario por outra vía alternativa.
Dende o Concello de Viveiro, laméntanse as molestias que estas obras poidan causar á veciñanza, mais esperan que as intervencións melloren o acondicionamento da avenida e polo tanto a seguridade vial.






















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



