Santiago, 4 de Novembro , 2020. A deputada do BNG, Carmela González Iglesias defendeu hoxe en comisión unha proposición non de lei, aprobada por unanimidade, instando ao goberno a impulsar “axudas directas para autónomos e autónomas” compatibles coas axudas do Estado.
Para a deputada nacionalista, este acordo unánime cobra especial relevancia sobre un colectivo gravemente afectado polas consecuencias da COVID-19. Dende o BNG, dixo, queremos que a axudas sexan directas, “non de créditos nin axudas para dixitalización, vinilos etc, porque en realidade, esas axudas non reforzan a continuidade da actividade xa que previamente os autónomos e autónomas deben mercar o material para poder posteriormente cobrar”. Carmela González recalcou que a iniciativa do BNG refírese a “axudas directas” e criticou que as primeiras axudas directas foron convocadas pola consellería do Mar no mes de xuño para mariscadoras, lonxas e redeiras cun “cheque autónomo” que resultou un verdadeiro “fracaso” xa que a maioría dos autónomos non puideron acceder a este cheque. Agardamos que as axudas directas aprobadas hoxe cheguen con garantías a todos os autónomos e autónomas.
Improvisación e falta de anticipación da Xunta
As axudas convocadas pola Xunta foron improvisadas e como resposta ás demandas dos diferentes colectivos e seguimos sen contar cun Plan de reactivación a pesar dos anuncios do goberno galego. González Iglesias lembrou que na comisión de reactivación, celebrada hoxe no Parlamento galego, o goberno non contempla incluír “axudas directas” para os autónomos e autónomas.
A deputada nacionalista pediu ao goberno que deixe a un lado todos os anuncios e faga realidade as axudas directas para o colectivo co fin de garantir a súa supervivencia. Carmela González agradeceu o apoio dos grupos parlamentarios á iniciativa do BNG que beneficiará a un colectivo formado por máis de 207 mil persoas en Galiza, o 22% do emprego no Estado, e cunha grande repercusión económica no noso país. “O colectivo, sen ingresos durante meses, tivo que facer fronte aos gastos de alugueiro, luz, auga, préstamos, facturas e gastos familiares”, recalcou a parlamentaria do BNG.
86 mil mulleres en Galiza son autónomas
Carmela González lembrou que existe unha grande porcentaxe de mulleres autónomas, en Galiza 86.000 cotizan neste réxime e máis de 1.400 menos que en setembro do ano pasado debido á necesidade de coidar aos nenos e nenas e persoas maiores. Para a nacionalista a realidade confirma que se es muller e autónoma “sempre levas as de perder”.
Finalmente, a deputada do BNG asegurou que os sectores hostaleiro, do comercio e da cultura viven unha situación de emerxencia, “todos están na corda floxa e precisan axudas” de aí a importancia deste acordo parlamentario para que estas “axudas sexan directas”, concluíu.


















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



