Lugo, a 30 de novembro de 2020. Tal é como anunciara o voceiro do Grupo Provincial do PP, Javier Castiñeira, ao inicio da sesión plenaria os deputados desta formación votaron en contra do Orzamento presentado por PSOE e BNG para 2021 xa que, segundo explicou o vicevoceiro, José Antonio García, “non só é continuista, senón que é decadente”.
É por este motivo, polo que “estamos ante un día triste”, xa que o documento que someteu a debate o bipartito “é unha vergoña”. Proba delo, é que ata contén “os mesmos erros tipográficos do de 2019”. “É un corta e pega”, afirmou García.
O popular manifestouse moi crítico coas contas de socialistas e nacionalistas, ao constatar que non están adaptadas á realidade socioeconómica que deixa a covid-19. É máis, reflicten que a Deputación vai gastar 90 millóns de euros, é dicir, 780.000 máis que hai un ano e, pola contra, investirá 3 millóns menos no tecido empresarial e industrial da provincia, ademais de incrementar os gastos correntes en 4 millóns de euros. Por iso, o popular lanzou a seguinte pregunta á bancada contraria: “As familias, empresas, autónomos e sectores produtivos están igual que hai un ano?.
Este goberno sáelle caro á provincia
Os datos amosan, expuxo García, que este goberno lle sae caro á provincia. “Enterran a xestión provincial que fixo Suplusa; unha empresa pública que defenderon todos os presidentes, incluídos os socialistas e, agora, resulta que o Sr. Tomé lle pega carpetazo sen plan B”. Tal é así que continuou: “deixan a provincia sen xestión para residencias, deixan a provincia hipotecada nunha encomenda de xestión que custa o dobre. Eses son vostedes”, afirmou.
Por todo elo, consideran que este Orzamento só ten un “unha triunfadora, a señora vicepresidenta, que quere baleirar de contido a Deputación e pechala”. “Noraboa señora Ferreiro, suben o gasto 4 millóns, mentras están aí sentados”, sinalou.
“Estamos en mans de quen quere pechar esta Deputación, converténdoa nunha tartaruga cunha carga moi grande e non eficiente. Están antigando a administración, xa que é a primeira que non vai ter un órgano público de xestión industrial”. Por iso, volveu a preguntar a socialistas e nacionalistas: “Que lles van a dicir aos alcaldes?, xa que cambiou todo, menos para vostede, Sr. Tomé”.
García afeou así a xestión do bipartito, sobre todo, porque, por unha banda, “os chiringuitos” dos que falan, en relación a Suplusa, foi o que construíu as residencias ou os polígonos industriais. Pola outra, non cumpren a palabra dada publicamente, xa que foi o propio presidente o que, por exemplo, anunciou publicamente que a Deputación ampliaría nun 25% o Plan Único, e agora desvélase que non será así.
“Sen consenso” e “un trámite para irse de Nadal”
E que, ademais, elaboraron as contas “sen consenso”, a pesares de que o Partido Popular xa lle “tendeu a man” ao bipartito en outubro para deseñar un documento que realmente atenda e dea resposta ás necesidades actuais dos lucenses.
“O noso voceiro díxollo hai case dous meses e vostede rexeitou a nosa colaboración e incluso se riu. Que grande se lle fai isto sr. Tomé!”, exclamou José Antonio García, xa que, mentras con outros presidentes socialistas se puideron sacar interesantes proxectos adiante por unanimidade, “vostede só se conforma cos seus trece”. Isto é o que levou o vicevoceiro popular a concluír que o presidente socialista converte o pleno e o Orzamento “nun trámite para irse de Nadal”.
O único ao que se vai dedicar o goberno provincial
A este respecto, defendeu que o erro de PSOE e BNG foi “non haber tido en conta ao noso Grupo”. Isto provocará que en 2021 o que vai a pasar sexa “atacar a Feijóo, que para iso vimos, e condenar o franquismo, que para iso estamos. Iso é ao que se van dedicar”, destacou García.




















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



