Santiago de Compostela, 30 de Novembro 2020.- A reactivación económica e social precisa inxentes recursos públicos e, para saír da crise, Galiza necesitar recibir o que lle corresponde por todas as vías posibles: orzamentos do Estado, distribución do fondo COVID europeo, -Next Generation-, e financiamento autonómico. De aí, explicou a portavoz nacional, Ana Pontón, o empeño do BNG en defender os intereses do país neses tres frontes.
Empezando polos orzamentos do Estado para 2021, nos que ratifica a posición do Bloque. “Grazas ao BNG teremos unha rebaixa histórica das peaxes da AP-9 pero é insuficiente para apoiar unhas contas que lle dan a Galiza 104 M€ menos que os últimos deseñados polo Goberno de Raxoi, mentres que outros territorios que levan décadas co AVE reciben unha choiva de millóns”, explicou, “pensan que hai que negociar con Euskadi e Catalunya pero que se pode discriminar a Galiza”.
Lembrou que esas últimas contas mereceron o cualificativo de “raquíticas” para os socialistas pero “fanlle a ola” a uns orzamentos que aínda recortan máis. “Se o PSdeG ten que comulgar con rodas de muíño que o explique, pero que non lle falte á intelixencia aos galegos e galegas que sabemos sumar e restar”, declarou. Pontón denunciou que as forzas estatais “practican a política máis vella de todas, a da alternancia na discriminación”, e recomendoulles que “destinen menos esforzo a atacar ao BNG e máis a defender Galiza porque están en xogo investimentos estratéxicos”.
É máis, Pontón advirte que o agravio pode repetirse na distribución do fondo COVID europeo de reactivación: “moito nos tememos que o trato que recibimos nos OXE sexa a antesala da discriminación que podemos sufrir co reparto do fondo europeo, prevendo unha parte ridícula da contía de 140.000 M€, o que sería un escenario inaceptable porque temos que recibir os fondos que nos corresponden para saía adiante nesta crise”.
Para o Bloque, un reparto centralizado vai penalizar a Galiza e máis se os proxectos van estar destinados a financiar ás grandes multinacionais e ás empresas do IBEX, “porque sabemos onde teñen a súa sede social e polo tanto que territorios van saír beneficiados”. Neste sentido, Pontón criticou a actitude de “pasotismo” do presidente da Xunta, “instalado no canto peor mellor” cando o que urxe é unha posición de país “para evitar que Galiza quede excluída”.
De feito, a formación nacionalista ten cuantificado en 12.6000 M€, o 9% do total, a cantidade mínima que corresponde para abordar cuestións como a transición enerxética, dixitalización, cambio a un modelo de economía verde baseado na ciencia a na investigación, para apoiar ao tecido produtivo galego e para blindar os servizos públicos.
Finalmente, a portavoz do Bloque tamén fixo referencia ao debate sobre a fiscalidade colocando o foco na urxencia de cambiar o actual modelo de financiamento autonómico que lle fai perder a Galiza centos de millóns de euros cada ano, un modelo inxusto e obsoleto, que está pendente de reformulación desde 2014.
“A cuestión non é un punto arriba ou abaixo nun determinado imposto, senón ir a un novo sistema de financiamento que nós permita ter a chave dos nosos cartos, xestionar o 100% dos nosos recursos, definir desde aquí as prioridades e poñer en marcha unha fiscalidade adaptada ao país”, explicou, en definitiva, “un concerto económico que é a proposta do BNG porque confía na capacidade do país e pensamos que ese debate de darse xa neste Parlamento”.




















O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



