Burela, 4 de decembro de 2020. O Concello de Burela poñerá a disposición da cidadanía do 5 ao 7 de decembro dun servizo de bicicletas eléctricas, totalmente gratuíto, para que as poidan desfrutar durante esta ponte festiva. Estarán na praza do Concello de 10:00 a 14:00 horas polas mañás e de catro a seis da tarde.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, explicou que “desde a Delegación de Deportes do Concello de Burela queremos anunciar que este fin de semana, o sábado 5, domingo 6 e luns 7, aproveitando estes días festivos que temos, imos poñer a disposición de todos os veciños e veciñas de Burela, que así o queiran, unhas bicicletas eléctricas que van estar situadas na praza do Concello e que van poder collelas para facer un pouco de deporte toda aquela xente que o precise e coa axuda dese motor eléctrico, para quen se lle faga un pouco dificultoso”.
O edil burelés sinalou que “esta actividade encádrase dentro do Plan Único do ano 2020. Debido á pandemia houbo unha serie de actividades que non puidemos realizar como a carreira nocturna e solicitamos á Deputación Provincial que nos cambiaran este tipo de actividades para poder programar outras, e unha que se nos ocorreu foi esta. Na Semana da Mobilidade, que celebramos fai pouco en Burela, fixemos esta actividade tamén e tivo moito éxito entre os veciños e as veciñas, polo que consideramos oportuno poder volver darlles a posibilidade a todos os que o queiran, de desfrutar desta fin de semana deportiva a todo aquel que queira acercarse”.
Ramiro Fernández anima “a todo o mundo a que se pase pola praza do Concello, onde terán a súa disposición as bicicletas, en horario de dez a dúas polas mañás e de catro a seis polas tardes, que é o horario un pouco máis reducido porque agora se fai de noite moito antes. Queremos agradecer á Deputación Provincial a súa disposición para permitirnos facer o cambio destas actividades que tíñamos sen realizar, e aproveitar os fondos que eran dos veciños de Burela para actividades deportivas. Esperemos que a xente desfrute desta actividade, que poidamos facer unha valoración positiva o martes ou o mércores cando teñamos todos os resultados da xente que pasou por alí, e volver invitar a todos os veciños e veciñas que queiran que poden desfrutar de forma gratuíta destas bicicletas eléctricas”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



