Cervo, 15 de decembro de 2020. O Concello de Cervo, en colaboración con diferentes asociacións do municipio, programou para estas festas de Nadal unha completa axenda de eventos e actividades dirixidas para todo tipo de público, que foi presentada esta mañá polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por membros das asociacións Airiños do Xunco e Fervenza de Sargadelos, así como da organización do II Mercado de Nadal de Sargadelos, que se celebrará xa este sábado, 19 de decembro, entre as 12:00 e as 20:00 horas na Sala de Exposicións de Sargadelos. A iniciativa está promovida por Serea Sufboards, Pasiños na Lúa e Marmeladas A Morena, coa colaboración do Concello de Cervo.
O 21 de decembro será a inauguración da exposición das postais de Nadal que participaron no concurso programado cada ano pola delegación de Cultura, e tamén se presentará ao público o belén de plastilina que este ano estará formado por figuras elaboradas polos/as nenos/as que desexen participar na súa casa; teñen ata o vindeiro venres, 18 de decembro, para entregalas na Casa da Cultura ou na Casa do Concello. Tanto as postais como o belén poderán visitarse na Casa da Cultura, ata o 8 de xaneiro, en horario de 9:00 a 15:00 horas.
O 22 de decembro, está previsto que os paxes de Papá Noel visiten ao alumnado dos dous colexios de Cervo e aos/ás nenos/as da Escola Infantil Municipal. Tamén estamos a preparar unha videochamada personalizada gratuíta con Papá Noel. Os/as pequenos que desexen falar con el poden inscribirse ata o 17 de decembro na plataforma www.nadal2020.es. Logo do rexistro, concretarase a data e hora da conexión con Papá Noel.
O xoves 24 de decembro a Asociación Fervenza de Sargadelos coa colaboración do Concello, organiza un ano máis a Noiteboa Infantil. Será a partir das 17:30 horas no salón de actos do Concello de Cervo con “Contos e outras Andrómenas” de Pedro Brandariz; non faltará a visita de Papá Noel.
O 26 de decembro o auditorio da Casa da Cultura acollerá ás 19:30 horas, un concerto de Nadal da man da agrupación Lucus Ensemble.
Os Reis Magos, como non podería ser doutro xeito, teñen tamén moito protagonismo nesta programación. O 5 de xaneiro os pequenos da casa poderán compartir un anaco coas Súas Maxestades de Oriente nunha recepción que terá lugar na Casa da Cultura en San Ciprián, entre as 16:00 e as 19:00 horas; respectando sempre todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19; a continuación os Reis Magos achegaranse ata Cervo para recibir ás crianzas no salón de actos, desde as 19:30 horas; tamén haberá unha actuación infantil; programada pola asociación Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo.
Xa o 2 de xaneiro haberá maxia da man de Román García, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura, o 3 de xaneiro Caxoto deleitará aos pequenos co seu conto “paxe real” ás 12:30 horas no salón de actos do Concello de Cervo; e o 4 de xaneiro terá lugar o espectáculo de títeres “Gaela quere ser druída” de Marionetas Trécola.
Teatro e Xuventude
O cine será tamén protagonista este Nadal coa proxección de cintas infantís e xuvenís o 28 e 29 de decembro; e o 7 de xaneiro.
Para a mocidade tamén hai actividades pensadas para estas datas como un láser tag o 29 de decembro; que se desenvolverá no Pavillón da Veiga, en horario de 16:00 a 20:00 horas; por quendas e baixo inscrición previa. Do mesmo xeito, o 30 de xaneiro haberá un Escape Room cos mesmos requisitos, ubicación e horario.
Desde o Concello de Cervo convidan a toda a veciñanza a participar nas actividades programadas e a gozar destas Festas no municipio; sempre respectando as medidas de prevención e cumprindo os protocolos de seguridade establecidos.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



