Lugo, a 29 de decembro de 2020. O Grupo Provincial do Partido Popular acadou o apoio do BNG para que a Deputación esixa ao Goberno medidas económicas que aseguren a viabilidade da industria electrointensiva. Os nacionalistas respaldaron así a moción presentada polo PP, e que está dirixida a solicitar do Executivo estatal que complete a contía das compensacións económicas por custes indirectos de CO2 ata o máximo permitido pola Unión Europea; modificar o Real Decreto 1106/2020, de 15 de decembro, polo que se regula o estatuto dos consumidores para incluír todas as alegacións presentadas pola Xunta de Galicia, marcando así a folla de ruta para dispor a medio prazo de medidas semellantes ás que se aplican en Alemaña ou Francia; eximir dos cargos de financiamento das renovables e da coxeración ás empresas cun gran consumo enerxético; implementar, no menor tempo posible, os mecanismos que substitúen as poxas de interrompibilidade, como a reserva estratéxica de resposta rápida, contemplando deste xeito as singularidades da industria altamente consumidora en enerxía e procurando unha pronta apertura dos prazos de convocatoria; e reducir as peaxes eléctricas para as industrias electrointensivas. Os socialistas abstivéronse na votación.
Castiñeira defendeu a necesidade de que o Goberno teña en conta esta cuestións, pois sería a maneira máis axeitada para emendar a falta de liderado e de responsabilidade do Executivo de Pedro Sánchez á hora de buscar unha solución para Alcoa. O voceiro do PP explicou que os incumprimentos neste senso son manifestos. O 17 de decembro o Goberno aproba o estatuto despois de dous anos e logo de múltiples anuncios. “Primeiro dicían que non se podía cun Goberno en funcións, logo que se faría inmediatamente despois de que se constituíse pero, finalmente, non foi así”. Asemade, en febreiro deste ano, o Goberno presenta un borrador “que non vale para nada” e obriga aos afectados a presentar alegacións. Pasada outra tempada, e vistas as mobilizacións, anuncian que o van aprobar durante o verán. E, a finais de ano, a uns días de coñecer a sentenza do Ere de Alcoa –“que casualidade”- aproban un documento “totalmente decepcionante”. Javier Castiñeira manifestou así que “non o dicimos dende o PP, dino os dirixentes de Asturias e incluso representantes dos sindicatos tamén vinculados ao Partido Socialista e ao Bloque Nacionalista Galego”.
Incapacidade do dirixentes socialistas en Galicia e na provincia
Os populares agradecen a decisión dos deputados do BNG, sobre todo, cando foi o propio presidente da Deputación o que lle prometeu ao presidente do comité de empresa no Pazo de San Marcos “velar polas alegacións que presentaron xunto coa Xunta, Asturias e Cantabria” e cando “nada conseguiu”. “Igual que lle dixemos no pleno pasado, o goberno da Deputación é vilipendiado por Sánchez e Iglesias para favorecer a outros territorios como pasou cos orzamentos do Estado e as autovías lucenses”, afirmou Castiñeira.
A electrointensiva galega está en serio perigo porque seguen pagando ao redor de 20 euros máis o megavatio/hora que os seus competidores directos en Francia e Alemaña e, fronte a isto, o Goberno presenta estatuto que só convence á industria catalá e valenciana, posto que amplían as axudas a industrias menos consumidoras pasando de 120 perceptores a 600 sendo a maior parte desas autonomías; é dicir, o estatuto recorta o apoio ás empresas galegas e segue criterios políticos e de territorialidade, no canto de facilitar a competencia.
Oportunidade para rectificar o ataque á industria galega
“O seu ataque á industria galega é demoledora. Primeiro, amosando unha intransixencia enerxética que rematou pechando as centrais de Meirama e das Pontes, onde deixaron colgados a centos de familias de transportistas chairegos polos que non se preocupou. Foi a Vilalba a presentar un parque acuático e esqueceuse dos transportistas do carbón”, indicou, ao tempo que remarcou que “seguimos sen solución para o aluminio primario”. “O plan dos socialistas en Coruña e Avilés foi un fracaso e San Cibrao segue sen garantías de futuro; de aí que lle pidamos unha rectificación porque aínda estamos a tempo, como así se fixo fai poucos días no Parlamento de Galicia”, concluíu.



















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



