Lugo, 3 de xaneiro de 2021. A Consellería de Política Social destinou este ano 367.800 euros a mellorar os seus centros da provincia a través dos contratos xestionados pola Xefatura Territorial de Lugo.
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a Xunta executou obras de reforma e acondicionamento e dotou de equipamento diverso a residencias, centros sociocomunitarios, escolas infantís e outras instalacións públicas de titularidade autonómica que prestan diferentes servizos sociais.
Entre os investimentos realizados destacan os que se destinaron ao complexo residencial xuvenil LUG 1, que suman algo máis de 97.000 euros e supuxeron a reforma integral de seis baños de habitacións, o acondicionamento dun local no soto e a pintura e vernizado da planta baixa.
Polo que respecta ao Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria, destináronse case 72.000 euros ás obras dun novo transformador, á instalación dunha caldeira e a outras accións como a subministración dun electrocardiógrafo. En canto ao centro de menores Santo Anxo de Rábade, habilitouse unha sala de reunións, fíxose unha soleira revestida de pedra no xardín, substituíronse as luminarias por outras tipo LED máis eficientes e renovouse mobiliario, o que supuxo un gasto total de 31.000 euros.
Pola súa banda, nos campamentos xuvenís de Area (Viveiro), A Devesa (Ribadeo) e Os Chacotes (Palas de Rei) realizáronse diversas actuacións por valor de case 59.000 euros, como o cambio da porta de acceso a Area e a subministración de canastras para este campamento, a construción de bases de formigón para tendas de campaña na Devesa ou a reparación da cuberta do barracón de actividades dos Chacotes.
Centros sociocomunitarios
Tamén se realizaron distintos traballos de modernización nos centros sociocomunitarios de Lugo, Vilalba e Mondoñedo e nos Espazos Xove de Vilalba e Chantada, cun custo de 50.400 euros. Destacan as obras feitas nas instalacións de Lugo, que serviron para mellorar a accesibilidade, renovar a recepción e acondicionar unha sala para ver a televisión; e no Espazo Xove de Chantada, que foi dotado dun aseo adaptado para persoas con discapacidade.
Entre os investimentos efectuados tamén figuran 19.000 euros para actualizar equipamento das escolas infantís de Lugo, Foz, Ribadeo e Viveiro; así como 23.000 euros para adaptar a sala de entrevistas do Servizo de Familia e Menores de Lugo coas medidas anticovid e para colocar pantallas de protección en espazos de traballo.
O delegado destacou que estas actuacións responden ás necesidades que a Xunta vai detectando en cada centro e complementan a outras de maior envergadura que impulsa a Administración galega nos centros sociais, co fin de garantir a calidade dos servizos que prestan á cidadanía.


















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



