Santiago de Compostela, 20 de xaneiro 2021. O deputado do BNG, Daniel Pérez volveu a levar ao Parlamento a “situación crítica” da hostalería galega e a urxencia de medidas para asistir a un sector gravemente afectado polas restricións da pandemia “dende hai moitos meses” polo que reiterou a urxente posta en marcha “dun plan de rescate” con axudas directas e a fondo perdido que foi aprobado “por unanimidade” na Comisión de Enerxía, Comercio e Turismo.
O deputado do BNG explicou que o plan de rescate proposto polo BNG non substitúe ao Plan de Cooperación da Xunta presentado “de maneira unilateral e sen dialogo co resto das administracións implicadas” e aínda pendende de ser consensuado pola Xunta, concellos e deputacións.
Neste sentido, lembrou que a Xunta conta con máis recursos que nunca, 11.600 millóns de euros que deben chegar a aqueles sectores que “peor o están a pasar” e sen dúbida algunha, a hostalaría e un dos máis afectados. “As administracións deben aportar a mesma porcentaxe” e por exemplo, dixo, se a Xunta compromete o 1% dos orzamentos, os concellos e deputacións deben aportar tamén o 1% dos seus orzamentos.
A hostalería gravemente afectada pola pandemia
Na súa intervención, o nacionalista sinalou que o sector da hostalería perdeu máis de 11.000 empregos, ocupa a 60.000 galegos e galegas e xera 300 mil empregos indirectos.
O deputado recalcou que a situación económica da hostalaría “é moi grave” e precisa de medidas urxentes. O goberno galego, dixo, debe abandonar “a propaganda” con plans de rescate sen efecto no sector como o anunciado para a Cultura e Turismo, que non contiña ningunha liña a fondo perdido e con axudas para a dixitalizacións e liñas de crédito brandas, medidas ás que poucos hostaleiros e hostaleiras se acolleron ante o evolución do virus e a incerteza de continuar abertos o que provocou as reticencias do sector para endebedarse.
As medidas publicitadas pola Xunta, afirmou, “foron parches” e non compensaron nove meses sen facturación con que facer fronte aos gastos
correntes e alugueres. As axudas para instalar terrazas demostran que a Xunta vive “nun mundo paralelo” e descoñece o clima do noso país ao que sumou os problemas de moitos establecementos para instalar unha terraza.
Ademais, engadiu, “as medidas chegaron tarde” como evidencia o cerre de moitos establecementos míticos e outros que baixan os enreixados de forma anónima como amosou o sector con protestas e mobilizacións no mes de decembro que continúan hoxe ou a “peregrinación” da hostalaría de Pontevedra a Santiago, unha peregrinación “máis nutrida que os peregrinos que recorren o Camiño e o recorrerán até o verán”.
O nacionalista lembrou que recentemente, a Xunta presentou un “Plan de Cooperación” para canalizar as axudas futuras do sector no que a Xunta portaría o 50%, as deputacións o 30% e os concellos 0 20%. É momento de arrimar o ombro e a Xunta “non pode comprometer os orzamentos doutras administración” nun plan a tres bandas. A Xunta presentou o plan “sen unha negociación previa e comprometendo os orzamentos doutras administracións”.
O Plan de cooperación non canalizará “de forma inmediata” as axudas que reclaman os hostaleiros e por iso dende o BNG reclamamos un “Plan de rescate” con “axudas directas” extraordinario e urxentes que respondan á falta de “liquidez abafante” do sector. O acordo acadado hoxe no Parlamento galego tamén inclúe a simplificación dos trámites para acceder ás axudas e ampliar a carencia do préstamos da Xunta e do ICO.

















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



