Ribadeo, 28 de xaneiro de 2021. Esta tarde tivo lugar a entrega das árbores destinadas a repoboar con frondosas as faixas de protección de vivendas e núcleos de poboación fronte aos incendios forestais. O lugar escollido foi o Cantón dos Moreno, ao aire libre e citando aos beneficiarios desta axuda en catro quendas ante a problemática de saúde pública ocasionada polo covid19. O reparto tivo lugar entre as catro e as cinco e ao mesmo acudiron o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz.
O rexedor dixo que “nesta nova edición, despois da primeira experiencia levada a cabo en xaneiro de 2019, todos os veciños e veciñas que solicitaron a axuda foron beneficiarios da mesma, un total de 23, que destinarán estas árbores a repoboar 44 parcelas que supoñen máis de 13 hectáreas de redes secundarias de faixas de xestión de biomasa marcadas polo Plan de Incendios do Concello de Ribadeo”. Foron máis de 600 as árbores repartidas esta tarde.
Suárez Barcia comentou que “o orzamento das árbores entregadas ascende a 8.827,87 euros, o que supón un importante incremento fronte a axuda establecida no ano 2019, que fora de 6.500 euros.Con estas árbores entregadas búscase axudar economicamente ás persoas que adaptaron as súas faixas á lei de incendios de Galicia. Deste xeito conseguirán con estas plantacións de frondosas reducir nun futuro as necesidades de mantemento destes espazos, ademais de, por suposto, servir de medida preventiva fronte aos incendios forestais”.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.



