Lugo, 28 de xaneiro de 2021. Ao goberno provincial, igual que ocorre noutras instancias institucionais pilotadas polos socialistas e os seus socios habituais, éncheselle a boca falando de transparencia e participación. Pero, á hora da verdade, o da transparencia e a participación queda reducido ao mínimo. Así quedou de manifesto na máis recente sesión plenaria (telemática) da Deputación na que, entre outras iniciativas, o grupo provincial popular preguntou por dúas cuestións relacionadas coa extinción de Suplusa: por un lado, os populares querían saber se o equipo presidido por José Tomé ten planes para que os ex traballadores de Suplusa dedicados ás zonas verdes, agora subrogados en Tragsa, sexan subrogados na Deputación, é dicir, entren a formar parte do cadro de persoal laboral desta institución. A outra pregunta era para coñecer se o goberno provincial ten tomada a decisión de anular os convenios establecidos no seu día por Suplusa con concellos lucenses para crear solo industrial. O viceportavoz popular José Antonio García di que as explicacións do goberno, por boca de Pilar García Porto, foron “non respostas”, pero, iso si, confirmaron os temores do PP e demostraron que a liña seguida por este partido en todo o relacionado coa extinción de Suplusa foi a correcta.
En relación coa situación dos ex traballadores de Suplusa, hoxe en Tragsa, José Antonio García sinala: “Gustaríanos pensar que hai posibilidades de que, finalmente, sexan subrogados na Deputación e que entren no seu cadro de persoal laboral, como pedimos reiteradamente. Porque é de xustiza que sexa así, e que non se vexan discriminados con respecto a outros traballadores que estaban en situacións similares. Pero a resposta, que foi unha non resposta, porque non aclarou nada, deixounos moi preocupados”.
García di que “a total falta de concreción na resposta da señora García Porto constitúe, todo hai que dicilo, unha verdadeira falta de respecto aos traballadores, aos membros do grupo provincial do PP e aos cidadáns en xeral”. Engadiu: “Non sei se foi debido a indicacións do presidente ou foi por iniciativa propia, pero a súa resposta non é digna dun representante público nun país democraticamente maduro”.
En canto á resposta dada á pregunta sobre os convenios establecidos no seu día por Suplusa cos concellos para a creación de solo industrial, José Antonio García, di que se cumpren os peores temores do PP e que o goberno provincial os dá por caducados. “Cumpriuse o que nós viñemos avisando e por iso dixemos unha e outra vez que Suplusa non debía extinguirse ata que os convenios foran renovados coa Deputación”.
O mesmo viceportavoz popular sinala: “O presidente estivo caladiño, sen dicir nin si nin non, dando unha de cal e outra de area ata que agora confirman que os convenios de Suplusa cos concellos quedan anulados. É un comportamento pouco exemplar e unha decisión lamentable; é unha resolución que chega cando máis necesario é que os concellos poidan poñer solo industrial a disposición de empresas, autónomos e emprendedores”. García considera que, desta maneira, “estrangúlase unha política provincial de creación de solo industrial que foi bandeira da sociedade Suplusa durante vinte anos”.
García está convencido de que, como xa dixeron os populares máis veces no actual mandato, “a Deputación de Lugo cada día é máis cara e presta menos servizos”.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



