No PP cremos que todas as administracións teñen que implicarse decididamente na reactivación da economía lucense; deben facelo con decisión e sen converter esta implicación nun argumento para a lea política. Dende esa convición, resulta indignante escoitar aos partidos que gobernan na Deputación pedir máis compromiso á Xunta cos concellos e cos sectores afectados pola covid, cando eles conxelaron o Plan Único e os orzamentos para 2021 e votaron en contra do plan poscovid proposto no seu momento polo PP na Deputación. É un feito que o bipartito provincial non fixo nada polo tecido económico no ano 2020; todo indica que tampouco o fará no 2121. Parece que pretenden rirse dos sectores produtivos con total hipocrisía, acusando á unica Administración que está a facer algo polas Pemes e polos autónomos, mentres a Deputación e o Estado, que é onde gobernan, escóndense cando teñen que dar o callo e xogan a ser convidados de pedra.
PSOE e BNG fan honor ás palabras da vicepresidenta Ferreiro. Seguen coa idea de reducir a Deputación ao mínimo e usala única e exclusivamente como plataforma política para facer oposición a Feijóo, sen escrúpulos, como nesta proposta na que se esquecen das súas obrigas para apuntar contra os que si cumpren.
No grupo provincial do PP cremos sinceramente que todas as administracións deben comprometerse co tecido económico, que está a sufrir intensamente os estragos da pandemia. A Xunta, polo seu lado, promoveu o primeiro plan de axudas á hostalería, no que repartiu 21,5 millóns, dos cales 4,3 recaeron nesta provincia, con máis de 2.000 axudas concedidas e xa cobradas. A maiores, a Xunta vén de presentar un segundo plan con máis de 50 millóns para toda Galicia, que, sumados aos anteriores e as ordes de subvencións dirixidas a todo o tecido económico, totalizan 140 millóns de euros dedicados á reactivación da economía galega.
Á vista de iniciativas como a que presenta ao pleno o goberno provincial xorden moitas preguntas, para as que as respostas son evidentes para calquera que siga a actualidade da provincia. Preguntas como que fixeron os que reclaman a intervención da Xunta? E a resposta está ben clara: chegar tarde absolutamente a todo. Si, a todo, e ademais conxelaron o Plan Único e os orzamentos, reduciron as inversións na provincia, negaron o plan poscovid que pediu o PP e viven da propaganda e do autobombo. Tamén xorde naturalmente a pregunta de por que PSOE e BNG son tan críticos coa Xunta e tan condescendentes co Goberno do Estado, que non cumpre os seus compromisos con Lugo, senón que castiga esta provincia nos orzamentos e ataca deliberadamente á industria lucense? Como non preguntarse por que non escoitaron aos hostaleiros cando pedían diante da Subdelegación do Goberno un plan de rescate do sector. Onde estaban aquel día os gobernantes da Deputación do PSOE e do BNG?
Dende o PP seremos máis xustos e pediremos unha maior implicación de todas as administracións, incluída tamén a Deputación, que debe retomar a proposta popular e deseñar un plan poscovid, dotado con 4,5 millóns como mínimo, de maneira parecida ao que fixeron outras provincias. Non hai que esquecer que PSOE e BNG desestimaron esa proposta para usar eses cartos en convenios con alcaldes amigos.
Javier Castiñeira (portavoz provincial do PP)
























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



