Ribadeo, 19 de xaneiro de 2021. O orzamento municipal do Concello de Ribadeo para 2021 ascende a máis de 9.800.000 euros, o que supón un incremento do 8,25% con respecto ao de 2020. O concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, destacou que no presuposto, que se someterá a aprobación no vindeiro pleno, establécese a exención das taxas pola ocupación de terrazas como unha das medidas de apoio á hostalería, auméntase o fondo para familias con necesidades e créase unha axuda específica para a xestión do Hospital Asilo. O capítulo de inversións supera o 1.500.000 euros, financiado na grande maioría por fondos propios e da Deputación de Lugo.
O edil ribadense dixo que “imos levar ao próximo pleno os orzamentos para o exercicio 2021, que se incrementan ata os 9.849.823 euros, é dicir máis de 750.000 euros con respecto ao ano anterior, o que supón un 8,25 % máis, e sen que se vexan incrementados os impostos e taxas que son competencia do Concello”.
Vizoso Galdo subliñou que “estes orzamentos caracterízanse por manter o nivel elevado de actuacións e servizos nas diferentes áreas que ven realizando o Concello de Ribadeo. Recollen o incremento salarial do 0,9% establecido polo Estado para o persoal, aínda que non se aplicará aos órganos de goberno que se conxelarán. Establecen a exención das taxas pola ocupación de terrazas para todo o exercicio, como unha das medidas de apoio á hostalaría. E mantéñense as axudas para o tecido asociativo, coma nos exercicios anteriores, para destinar a asociacións deportivas, culturais, clubs, etc”.
O concelleiro de Economía explicou que “se incrementa notablemente o capitulo de inversión que supera o 1.500.000 euros, un 87% máis, e que é financiado na gran maioría fondos propios do Concello e procedentes da Deputación de Lugo.Así recollen partidas para actuacións que consideramos de vital importancia para Ribadeo como é o caso da estrada da Estación de Feve e diversas actuacións noutras rúas. Tamén se contemplan partidas importantes para o plan de camiños de titularidade municipal, saneamentos, adquisición de terreos, a reposición de tramos da rede de abastecemento de auga, de instalacións deportivas, de locais socias para as parroquias,o arranxo da praza de abastos e para melloras de eficiencia enerxética en alumeados públicos. Este forte incremento da inversión enmárcase no proceso de reactivación económica tocando diferentes áreas”.
Pablo Vizoso indicou que “no ámbito social auméntase o fondo para familias con necesidades e crease unha axuda específica para a xestión do Hospital Asilo. E séguese mantendo a débeda do Concello nun niveis baixos na procura dunha xestión eficiente e do equilibrio orzamentario”.
O edil nacionalista engadiu que “ademais de todas estas medidas e accións contempladas, os orzamentos vanse ver reforzados sobre todo no apoio ao comercio e a hostalaría e tamén no ámbito social coas achegas de plan único provincial da Deputación de Lugo, que xa está en marcha, e coas achegas que poidan proceder das xestións do Concello con outras administracións”.




















Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.



