Burela, 26 de xaneiro, 2021. O Pescados Rubén Burela FS suma unha ledicia máis aos éxitos de 2020. Tras a conquista da Supercopa de España, Liga e Copa da Raíña, ademais de 4Nations Futsal, agora tamén loce o recoñecemento como Mellor Club Feminino nos FutsalPlanet Awards 2020. A entidade mariñá ten a honra e privilexio de converterse no primeiro gran triunfador na estrea da categoría dos premios, que xa contan cunha traxectoria de vinte e unha edicións, compartindo o nomeamento con equipos de Rusia, Portugal, Ucraína, Brasil, Irán, Italia e Xapón.
O galardón do club laranxa, que o 4 de setembro de 2021 cumprirá vinte anos de traballo, dedicación e devoción polo fútbol sala en igualdade, foi avalado por 523 votos. O luso Sport Lisboa e Leõas da Serra do Brasil completan o podio, con 450 e 428 respectivamente.
Peque e Julio Delgado, segundo posto
O laranxa tamén deixou o seu escintileo nos premios individuais de Mellor Xogadora e Mellor Adestrador Feminino, coa Prata ostentada por Peque e Julio Delgado. A capitá burelista, recoñecida recentemente como MVP da Supercopa de España, volveu á palestra de FutsalPlanet por cuarta vez para obter 478 votos, fronte aos 698 da brasileira Amadinha, triunfadora dende 2014. O cumio do apartado técnico estivo moi rifado, con tan só 17 votos de diferenza, entre a segunda praza do mariñán (432) e a da gañadora, a tamén brasileira Cristiane de Souza.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.

