Ribadeo, 7 de xaneiro de 2020. Siñeiro Hogar, na categoría de empresas, e Diana Nana Quintana Villamil, na de domicilios particulares, gañaron o concurso Ilumina o Nadal convocado por Acisa co obxectivo de encher de luz e cor Ribadeo durante as pasadas festas navideñas.
Diana Nana Quintana recibiu 271 votos no facebook e Siñeiro Hogar 112. Cada unha das premiadas recibirá 200 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo. Ata o 22 de xaneiro poden pasarse pola oficina da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para recoller os seus agasallos.
En total foron 18 os participantes no Ilumina o Nadal, 8 na categoría de domicilios particulares e 10 no de empresas, e mais de 1.000 os votos emitidos nesta convocatoria que recibiu miles de visitas.
Desde Acisa o seu presidente, Francisco Iriarte, fixo unha valoración positiva da acollida que tivo este concurso: “estamos moi satisfeitos da acollida que tivo o Ilumina o Nadal. Foi moi bonito ver como estiveron adornados os escaparates dos negocios de Ribadeo e tamén as ventás e os balcóns de moitas familias en Ribadeo así coma as ventás e os xardíns en moitas parroquias deste concello. A todos queremos darlles as grazas, participasen ou non no noso concurso, por poñer esa nota de luz e de color neste Nadal diferente que nos tocou vivir”.
Apoio ao comercio local
Iriarte Quintana tamén tivo palabras de agradecemento para as veciñas e os veciños de Ribadeo: “polo seu decidido apoio aos negocios locais este Nadal. Estamos moi contentos de que os Reis Magos e Papá Noel confiasen no comercio local para facer os agasallos destes días. Daba gusto ver as rúas e as tendas con moi bo ambiente, a pesares dos días de chuvia que sufrimos estas últimas semanas”.
O xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, engadiu: “o que agardamos é seguir contando con este apoio fiel ao longo dos vindeiros meses tanto para o comercio como para a nosa hostalería, adaptándose neste caso ás normas sanitarias e aos aforos permitidos en cada momento, adiantando ás horas das ceas e levando tamén as propostas gastronómicas para as nosas casas. Si todos nos apoiamos a travesía polos vindeiros meses do inverno será máis doada”.
Rebaixas
Pérez Prada referiuse ás rebaixas de inverno que arrincan hoxe: “este xoves dan comezo as rebaixas de inverno e tamén neste caso animamos ás veciñas e aos veciños de Ribadeo a que aposten polos negocios locais para facerse cos artigos de tempada a moi bos prezos. Este é un bo momento para visitar as nosas tendas, pero coma sempre con sentidiño e responsabilidade, evitando aglomeracións, coa máscara posta e hixienizando as nosas mans. Todos somos conscientes das medidas en vigor, pero nunca está de mais insistir para non baixar a garda”.






















O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



