Lugo, 18 de febreiro de 2021. A deputada por Lugo do BNG, Carme Aira, presentou esta mañá as propostas que o BNG defenderá ante a nova lei de saúde que está a tramitar o goberno de Feijóo. Carme Aira explicou que “desde o BNG defendemos que a mellor maneira de saír da crise sanitaria é dotando ao sistema público de saúde con recursos materiais e humanos, especialmente na atención primaria”. A parlamentaria do BNG defendeu que “é preciso dar a volta ás políticas aplicadas nos últimos 11 anos e defender a sanidade pública ante a falta de recursos que sofre actualmente”.
“Na provincia de Lugo séguese a discriminar a Atención Primaria cun orzamento que aínda está por debaixo do de 2009, ao mesmo tempo que se centralizou a atención hospitalaria no HULA, o que fai que as camas de UCI estean na súa práctica totalidade en Lugo”. Actualmente, debido ao sistema de áreas sanitarias imposto polo goberno galego, o Hospital da Costa só conta con 7 camas UCI, mentres que o hospital de Monforte non conta con este servizo.
A deputada do BNG criticou que “esta modificación da lei de saúde supón suprimir e limitar dereitos fundamentais sen un límite temporal claro”, e afirmou que “o PP pretende limitar e confinar os dereitos fundamentais das galegas e galegos”. Carme Aira explicou que “o PP leva adiante esta modificación, novamente, pola vía da urxencia e sen contar coas propostas e modificacións do BNG e dos colectivos vencellados á sanidade”



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



