Burela, 5 de febreiro de 2021. Distribuidores de hostalaría e alimentación da Mariña manifestarase cos seus vehículos en Burela o vindeiro luns, día 8, para reclamar axudas directas das administracións. Un grupo de participantes sairá ás 09:00 horas de Ribadeo, concretamente desde as instalacións de Discosta Norte, e outros partirán ás 09:30 horas de Viveiro, desde La Vivariense. Xuntaranse en Burela ás 10 da mañá para facer un percorrido cos seus camións, furgonetas e outros vehículos polas rúas da localidade para rematar na Praza do Concello.
Esta mobilización está convocada pola Asociación de Distribuidores de Hostalaría e Alimentación da provincia de Lugo (Adislugo) “para reivindicar a necesidade urxente que teñen as nosas empresas e os nosos traballadores e familias de recibir axudas directas”.
Desde o colectivo explican que “o ánimo desta manifestación non é, nin moito menos, posicionarnos en contra das restricións sanitarias, as cales dende esta asociación entendemos necesarias dada a delicada situación que estamos a vivir. Non obstante o que si reclamamos é acompañar esas medidas dunhas axudas que permitan sobrevivir ao tecido empresarial lucense, minimizando así o altísimo risco de peche de numerosas empresas da provincia. Neste sentido clamamos por un financiamento óptimo e sen xuros, créditos sen avalar por sociedades de garantía recíproca e a fondo perdido, como xa acontece noutros países do entorno, manter a subvención dos ERTE ao 100%, así como a redución de impostos como son o IBI, IAE ou taxas de recollida de residuos. Todo isto permitiríanos contar cunha liquidez imprescindible hoxe en día”.
A asociación engade: “somos conscientes de que un dos nosos problemas é ser un sector descoñecido para a sociedade, aínda que xeramos milleiros de empregos na provincia de Lugo. Agora temos a oportunidade de reivindicarnos. Somos empresas que contribuímos á riqueza das nosas comarcas, dando vida a talleres, tomadores de seguros, xestorías e un longo listado de empresas locais, aportando centos de postos de traballo e pagando impostos nos nosos concellos. Tamén é importante sinalar que somos a principal forma de financiamento dos nosos clientes, os locais hostaleiros e de ocio nocturno, o que conleva que a nosa debilidade financeira poida repercutir negativamente nun porcentaxe elevadísimo do emprego da provincia. Por todo isto animámoste a unirte á nosa reivindicación, para loitar por estas cuestións que semellan esenciais e necesarias para a economía da nosa comarca, da túa comarca”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



