Foz, 5 de febreiro de 2021. O alcalde de Foz, o socialista Francisco Cajoto, demostrou outra vez no recente pleno da corporación municipal cal é o seu sentido da participación na vida institucional. De novo, socialistas e nacionalistas impediron que prosperasen as mocións do Partido Popular que, sen dúbida, eran de gran importancia tanto para promoción do patrimonio do concello como para a saída da crise económica provocada pola pandemia.
O portavoz do PP, Javier Castiñeira, sinala: “O bipartito focense (PSOE-BNG), unha vez máis, bloqueou todo o que propuxo o Partido Popular; neste caso, o PP tivo o apoio de Foz Plataforma de Futuro. Así o vimos outra vez no pleno pasado, no que o PP presentou tres mocións, que foron apoiadas polo concelleiro de Foz Plataforma de futuro”.
Castiñeira explica: “En concreto, unha das mocións era para instar á Deputación a elaborar un plan de mellora do entorno de San Martiño, sobre todo a pavimentación da rúa do Caritel e os aparcadoiros, que non teñen un pavimento adecuado. Novamente, tanto PSOE como BNG xustificaron á Deputación; novamente primaron os intereses da Deputación sobre os dos focenses, despois de que en San Martiño se fixeran obras importantes por outras administración, como son o Estado e a Xunta de Galicia”.
O portavoz dos populares no Concello de Foz e na Deputación sinala: “Tamén votaron en contra a moción do PP para instar a Costas a que emita canto antes o seu informe definitivo sobre a depuradora de Foz; outra vez xustificaron ao Goberno central. Nós entendemos que todos debemos sumar para que isto avance o máis rápido posible. A Xunta de Galicia acaba de poñer 2,5 millóns de euros nos orzamentos para licitar canto antes esta instalación. O informe de costas é necesario, preceptivo, e precisamos que se axilice o máis posible”.
Para Castiñeira, o máis grave da actitude do bigoberno fronte ao PP é que non dubida en ir contra os intereses dos focenses con tal de non apoiar as súas iniciativas. O portavoz popular declara: “PSOE e BNG votaron en contra do plan de reactivación da economía focense. Desenmascaramos ao BNG, que estaba detrás do alcalde, que culpaba ao alcalde diante dos hostaleiros e dicía que non tiña nada que ver nesta decisión, pero despois no pleno viuse claramente que fan o que manda o alcalde; son cómplices de que os hostaleiros e os comerciantes de Foz non teñan un plan de reactivación como teñen outros concellos, que xa van polo segundo plan”.
Os populares agradecen “o voto favorable, a confianza de Foz Plataforma de Futuro, que tamén estivo cos hostaleiros”. Castiñeira cre que, en resumo, no pleno pasado “volvéronse demostrar as mentiras do señor alcalde contra este grupo de hostaleiros, que están sufrindo unha crise como os do resto dos concellos e non están sendo ben tratados polo goberno municipal”.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



