Compostela, 11 de febreiro, 2021. A Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, apoiou con máis de 8,2 millóns de euros entre 2016 e 2020 distintas actuacións nos portos pesqueiros galegos para a modernización e mellora das infraestruturas vencelladas coa súa actividade así como a subministración de equipamentos e servizos para optimizar a comercialización dos produtos do mar. En total, foron 280 proxectos que contribuíron a mellorar a seguridade e as condicións de traballo dos profesionais do mar así como a conservación das descargas de peixe e marisco, a súa rastrexabilidade, a selección ou etiquetaxe, entre outros avances.
Estes apoios, recollidos nun informe que analizou hoxe o Consello da Xunta, enmárcanse na estratexia de mellora constante dos portos pesqueiros, lugares de desembarque, lonxas e fondeadoiros e consistiron no desenvolvemento de 233 proxectos ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) -que financiou o 75 % dos investimentos e a comunidade autónoma o 25 % restante- e 47 realizados integramente con fondos propios da Xunta. Estas accións supuxeron un investimento total de máis de sete millóns de euros no caso das actuacións con apoio europeo e de preto de 1,2 millóns de euros nas iniciativas desenvolvidas unicamente co financiamento do Executivo galego.
Moitos destes proxectos desenvolvéronse grazas ás convocatorias de axudas que realiza anualmente a Consellería do Mar co obxectivo de mellorar a calidade e incrementar o control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados, aumentar a eficiencia enerxética, contribuír á protección do ambiente e mellorar a seguridade e as condicións de traballo dos pescadores. Neste sentido, o informe recolle que o pasado ano foi o que máis actuacións contabilizou ao amparo do FEMP, con máis dun cento de proxectos executados.
En canto á tipoloxía das accións desenvolvidas cos fondos europeos, a maior parte -máis de 180- correspondéronse coa subministración de equipamentos e bens para mellorar as instalacións e a súa eficiencia, 37 para a dotación de servizos nas lonxas -fundamentalmente melloras na comercialización a través das distintas canles así como na emisión de documentos e nas distintas xestións administrativas das lonxas e confrarías- e 11 relacionadas con obras para a modernización ou mellora das súas infraestruturas.
As achegas concedidas nos últimos exercicios para a mellora neste eido permitiron dotar ás confrarías de novos equipamentos como sistemas de varada de embarcacións, guindastres, casetas desmontables para vestiarios das mariscadoras e mariscadores, colectores e equipamentos de limpeza para as lonxas ou produtores de xeo, entre outros. A maiores, tamén favoreceron actuacións en materia de eficiencia enerxética como a modernización dos sistemas de iluminación interiores dos edificios das lonxas, o aforro enerxético das instalacións de frío das lonxas e confrarías ou o uso de enerxías renovables mediante a instalación de paneis solares fotovoltaicos.
O informe analizado polo Consello da Xunta recolle algunhas das actuacións máis importantes realizadas neste eido como son a mellora da eficiencia enerxética nas instalacións de frío na lonxa de Cedeira, cun investimento de preto de 510.000 euros, a adquisición dun carro automotor semisomerxible para a confraría de pescadores de Fisterra por importe de 278.000 euros ou a compra dunha máquina de lavado de caixas por parte da confraría de Ribeira, cun desembolso de 236.000 euros.
Convocatoria de 2021
O documento tamén aborda a convocatoria para 2021 de axudas a proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca. A orde, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia de onte, conta cun orzamento de 4,5 millóns de euros.
Nesta ocasión, ademais dos proxectos subvencionados en anos anteriores, poderán ser beneficiarios de axuda aqueles destinados á protección do ambiente mediante a xeración de enerxía térmica por medio de instalacións renovables ou para adquirir colectores homologados para puntos de recollida de lixo, proxectos de obras nas infraestruturas que reduzan a demanda enerxética da totalidade ou de parte dos inmobles así como outros para mellorar a seguridade e as condicións de traballo dos profesionais do mar ante a crise sanitaria provocada polo coronavirus e adoptar medidas de prevención.
Neste sentido, ademais da adquisición de medios persoais de protección e hixiene, son subvencionables, entre outras, medidas de protección dos usuarios como a delimitación de zonas e fluxos de movemento no solo, dispositivos de control de capacidade ou de temperatura, a adaptación das instalacións para reducir o contacto dos usuarios con elementos e superficies -como portas de apertura automática ou sensores de luz- así como a adquisición de equipamentos ou a realización de obras que permitan a ventilación das estancias ou a instalación de dispositivos de desinfección de superficies e ambientes.

















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



