Ribadeo, 13 de febreiro de 2021. Instalados dous novos contedores para a recollida de roupa e calzado. Están situados na rúa Rafael Fernández Cardoso e en Porcillán. Estes únense aos nove xa existentes en diferentes localizacións.
O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, explicou que “vai haber unha muda de contedores para roupa e calzado. Cambiamos de empresa, debido a un contrato que saíu a través da Mancomunidade, que ten unha duración de tres anos máis dous de prolongación e que o levou a empresa Texlimca”.
O edil quixo “agradecer á anterior empresa, que era Humana, a súa colaboración e o seu traballo durante todos estes anos co Concello de Ribadeo. A verdade é que tivemos moi boa relación e todo foi favorable no trato que tivemos con eles”.
Díaz Freije indicou que “actualmente temos nove puntos e van seguir eses nove nos mesmos sitios de recollida. Vanse ampliar dous máis, un en Rafael Fernández Cardoso e outro en Porcillán. Dicir que cambia un pouco esteticamente o contedor, xa que ten unha cor máis clara”.
O concelleiro de Medio Ambiente reiterou que “vai funcionar todo igual que antes. A roupa e o calzado teñen que ir en bolsas pechadas para botar ao contedor que vai estar serigrafiado e todo indicado. Nestes días coordinarase todo para que se poña en marcha e siga o servizo como estaba”.






















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



