Ribadeo, 2 de febreiro de 2021. Desde hoxe atópase colgado na web do Concello o proxecto da nova ordenanza de protección medio ambiental para que a xente poida velo a aportar as súas suxestións. Van dispor dun prazo de dez días. Coa nova normativa, que substituirá á de 2006, o que se pretende é mellorar a calidade de vida en Ribadeo e alcanzar un alto nivel de protección do medio ambiente.
O concelleiro Jorge Díaz lembrou que “a última ordenanza de medio ambiente é do 2006 e houbo que actualizala practicamente toda, xa que levaba quince anos sen mudar. Entón estamos obrigados, tanto por normativas como pola mesma sociedade que cambiou, e por iso redactamos unha ordenanza nova”.
O edil de Medio Ambiente subliñou que “o obxecto desta ordenanza é mellorar a calidade da vida no concello de Ribadeo e alcanzar a mellor calidade ambiental regulando no ámbito de competencias do Concello, tanto as actividades como nos comportamentos ou nas situacións que se dean”.
O responsable de Medio Ambiente no Concello de Ribadeo sinalou que “se abre un período de dez días para os veciños ou veciñas e asociacións ou grupos que queiran aportar algo o fagan. Despois irá a pleno e haberá outro período de alegacións, como fixemos anteriormente coa de praias, que precisamente acabou hoxe ese prazo de dez días hábiles”.
Jorge Díaz dixo que “é unha ordenanza bastante completa e extensa porque afecta a moitos ámbitos da sociedade do entorno do concello de Ribadeo. Quero dicirlles aos veciños e veciñas que se queren botarlle un ollo poden facelo na paxina web do Concello e se queren aportar algo que o fagan. Esta nova normativa está a disposición de todos e todas os que queiran botarlle unha visualización”.
Nas 39 páxinas do proxecto aparecen recollidos aspectos como a limpeza viaria, o mantemento de solares e fincas, a tenza de animais na vía pública, a colocación de carteis e pancartas, as pintadas, a distribución de panfletos ou a limpeza e conservación do mobiliario urbano e zonas verdes.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



