Santiago de Compostela, 17 febreiro 2021. O BNG accederá aos expedientes ás residencias de maiores que vén solicitando reiteradamente a través dunha consulta presencial e con todas as garantías de protección de datos para as persoas usuarias, fórmula achegada agora no Parlamento galego pola Xunta e que xa estaba prevista no regulamento da Cámara, polo que podía terse empregado dende o mesmo momento en que a formación nacionalista reclamou a documentación.
“De verdade fixo falta toda a batalla que demos, denuncias públicas, solicitudes de escrito de amparo á Presidencia e á Mesa do Parlamento, para chegar a algo que aparece previsto dende o inicio no propio artigo 9 do regulamento desta Cámara?”, recriminou a viceportavoz, Olalla Rodil, á secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social durante a súa comparecencia na comisión parlamentaria de Sanidade.
“Este artigo habilítanos para recibir fisicamente a documentación aquí ou, se existe un conflito como o que vostedes están expresando agora de ponderar a garantía e o respecto aos dereitos de protección de datos das persoas usuarias co noso dereito de acceder a información pública, tamén se pode facilitar a consulta fisicamente, con todas as garantías de protección de datos desa documentación como propoñen agora”, criticou para explicar que a solución ofrecida agora xa se podía ter empregado dende o mesmo momento en que se solicitou.
Por iso, Rodil acusou ao Executivo de Feixóo de “xogar ao desgaste” e buscar o esgotamento do BNG para que “pasase o tempo, pasásemos a outros temas e este se fose esquecendo” e confirmou que o grupo parlamentario nacionalista vai consultar a documentación “fisicamente e con todas as medidas de protección que consideren oportunas para protexer os datos persoais das persoas usuarias”.
Neste sentido, recalcou que a intención do Bloque non é obviamente vulnerar a intimidade ou os datos persoais das persoas usuarias, senón “ter unha imaxe o máis real e aproximada posible de que é o que acontece nas residencias para poder abordar unha reflexión con todo o rigor que merecen os servizos sociais e o sistema asistencial dun país coma o noso”. “Con toda a franqueza -insistiu-, por nós podían borrar os datos persoais, nós o que queremos é saber en que condicións se atopan as persoas usuarias das residencias e que neste país son máis de 21.000”.
Logo de escoitar por parte da secretaria xeral unha exposición sintetizada das irregularidades que se detectan durante as inspeccións administrativas e das principais causas que ocasionan os expedientes abertos a residenciais, Rodil advertiu que “son practicamente as mesmas” que as recollidas no informe do Consello de Contas publicado en 2018. “Ollo -alertou- un informe publicado en 2018, pero elaborado anos atrás”.
Ante a relación de irregularidades xerais que se atopan nos labores de inspección, a viceportavoz nacionalista reclamou detalle sobre “cantos destes incumprimentos eran recorrentes, por exemplo, nas residencias que pertencen ao grupo DomusVi”. “Cales desas irregularidades que vostede relatou correspondentes aos artigos 80, 81 e 82 da Lei de Servizos Sociais, corresponden a DomusVi e cantas son recorrentes?”, incidiu, para a continuación subliñar que a falta de persoal de atención directa suficiente ou persoal desempeñando postos sen a formación que lle corresponde, citadas pola secretaria xeral, “non só constitúe unha vulneración dos dereitos laborais das traballadoras e traballadores, senón que ten unha repercusión directa sobre as persoas usuarias e isto é gravísimo”.
Por último, Rodil considerou preciso contextualizar os datos porque “o 80% das prazas de residencias son privadas, pero é que hai un enorme grao de concertación por parte da Xunta con esas entidades”. “Cantas desas irregularidades teñen a ver con prazas que están financiadas con fondos públicos, que son sostidas co diñeiro de todas e todos os galegos”, concluíu.




















Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.



