Santiago de Compostela, 19 febreiro 2021. “Déixense de loitas propagandísticas e desenvolvan políticas de apoio ao sector gandeiro!”. Con esta contundencia recriminou o portavoz nacionalista de Agricultura, Xosé Luis ‘Mini’ Rivas, á Xunta a súa utilización do debate sobre a protección do lobo para “agochar a súa falta de políticas en favor da gandería e o rural galego”.
“O que vostedes están facendo é procurar unha catarse que canalice o malestar das e dos gandeiros en canto ás políticas que vostedes teñen para eles”, reprochou, para recalcar a continuación que “a besta de monte e o extensivo desaparecerán non por culpa do lobo senón polas súas políticas”. Así o manifestou durante a defensa dunha iniciativa no Parlamento galego cun paquete de medidas para facilitar precisamente a coexistencia do gando cabalar co lobo e que no prosperou polo veto do PP.
Ante esta negativa, Rivas incidiu en que “este é realmente o problema”: “a realidade é que os gandeiros están desesperados e fartos e vostedes queren canalizar este malestar cun lazo ou cun tiro ao lobo”. Segundo recalcou, o lobo ten que ser protexido “porque forma parte da biodiversidade e a biodiversidade é sagrada nestes momentos, pola conta que nos ten coma especie”, pero advertiu que esta protección non pode ser “a conta dos gandeiros”.
Para o portavoz nacionalista de Agricultura, estamos ante un exemplo máis de “falta de vontade política”, a que, segundo recalcou, si emerxe en períodos electorais. “O diñeiro para as axudas de prevención si que apareceu e tres días antes das eleccións en 2020”, afeou logo de lembrar que estas axudas para previr e evitar os danos ocasionados polo lobo foran creadas polo Goberno bipartito, despois rebaixadas polo PP e mesmo eliminadas nos exercicios 2013, 2014 e 2015.
Precisamente a iniciativa nacionalista rexeitada polo PP está encamiñada a solucionar as eivas da Xunta neste ámbito de actuación e céntrase en concreto na gandería cabalar en extensivo. Así, entre outras medidas, propón a creación dunha liña específica de axudas dentro do ecoesquema de pastoreo extensivo do plan estratéxico galego para o novo PDR 2021-2027 que estableza un pago compensatorio polos servizos ambientais que prestan e outro pago polo servizo de mantemento e coexistencia cos grandes carnívoros (lobo e oso).
De igual xeito, insta á Xunta a establecer nas futuras ordes de axuda un criterio de conteo de poldros e bestas vítimas de ataques de lobo que responda á realidade e non precise da presenza e identificación de restos, e estender esta medida tamén á gandería de vacuno en extensivo. Así mesmo, e ademais de medidas de apoio e estratexias de mercado para a comercialización da carne, recóllese a creación dun comité de expertos para establecer medidas muladares puntuais en áreas especialmente conflitivas para a cohabitación de gando e lobo.



















"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
Celebrouse este luns na Delegación Territorial da Xunta en Lugo en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.



