Xermade, 19 de febreiro de 2021. O Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, informou que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou unha sentenza na que desestima o recurso de apelación presentado por unha empresa, Villasuso Ortegal S.L., que reclamaba ao Concello o pago de 116.730,83 euros e imponlle o pago das costas do proceso xudicial, fixadas en 1.000 euros máis IVE como máximo.
O rexedor lamenta que o Concello tivese que afrontar este proceso xudicial “debido á neglixencia e ás chapuzas” do anterior Goberno local, do Partido Popular, pois a problemática derívase dun proceso de contratación do ano 2013, antes de que entrasen no Executivo os socialistas.
O propio voceiro do PP recoñeceu nun Pleno celebrado no ano 2017, tal e como figura na acta correspondente, que as obras a raíz das que xurdiu este conflito xudicial efectivamente se fixeron cando gobernaba o Partido Popular e el estaba de concelleiro de obras, e que “a tramitación non se fixo correctamente”.
O TSXG ratifica punto por punto a resolución previa do Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Lugo, que subliñaba que “non existe proba algunha de que a execución dos traballos” de mellora en vías municipais polos que a empresa esixiu este pago, catro anos despois de acometer outras obras no municipio, “estivera ordenada pola Administración, o que determina a inaplicabilidade da doutrina do enriquecimento inxusto”.
O Contencioso tamén aseguraba que resulta “evidente que a dirección facultativa, nin ordenou a execución das obras fóra de contrato, nin nunca tivo coñecemento delas, como tamén que o Concello, de acordo coa proba practicada, nin de maneira formal ou informal autorizou as obras. Así as cousas, a contratista non ten dereito á cantidade reclamada pola execución dunha obra que non foi ordenada, nin autorizada pola Administración municipal”.
A orixe da demanda
A empresa demandante resultou en abril do 2013, na etapa de Goberno do Partido Popular, adxudicataria dun contrato de obra do Concello de Xermade para a mellora de viais de acceso aos núcleos de Zalaroia, Castrorramil e Poupariña en Momán, a través dun procedemento negociado sen publicidade, por un importe de 30.823,52 euros. O 23 de agosto dese mesmo ano emitiuse a certificación final desta obra e tivo lugar a recepción da mesma, firmada polo Alcalde de aquel entón, a dirección facultativa e o contratista, un documento no que, segundo recolle a sentenza do Contencioso, “non consta obxección, nin adicción algunha por parte do contratista”.
Sen embargo, catro anos despois, en maio de 2017, a empresa reclamou ao Concello unha cantidade total de 116.730,83 euros pola execución de obras non previstas no proxecto do que foi adxudicataria no 2013. A reclamación foi rexeitada pola Administración local. A empresa recorreu ao Contencioso, que tombou a súa petición, e apelou despois ao TSXG, que ratifica agora a sentenza de primeira instancia. En ambos procesos xudiciais, os servizos xurídicos da Deputación de Lugo exerceron a defensa do Concello.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



