Burela, 13 de febreiro de 2021. O Concello de Burela convoca o proceso de selección de dous peóns ao abeiro do Programa de Fomento de Emprego incluído no Plan Único da Deputación de 2020.
O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, sinalou que “as bases e a convocatoria aparecen publicadas no Boletín Oficial da Provincia de onte, venres. A duración do contrato será de seis meses e o prazo de presentación da documentación requirida será de cinco días hábiles contados desde hoxe”.
Entre os requisitos que deben os aspirantes figuran: acreditar a capacidade funcional para o desempeño das funcións propias do posto; ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa; estar en posesión do certificado de escolaridade ou título equivalente ou superior; non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das as administracións públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial; non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade que determine a lexislación vixente; e ter a condición de persoa desempregada ou en situación de mellora de emprego.
As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes no rexistro xeral do Concello de Burela de 9 a 14 horas ou vía telemáticas as 24 horas. Nas bases atoparán información coa documentación requirida así como sobre a admisión de aspirantes.
O sistema de selección é o de concurso-oposición.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.


