A Fonsagrada, 24 de febreiro de 2021. A Biblioteca municipal de A Fonsagrada leva dous pechada por non contar cun profesional que a atenda. O peor de todo é que a entidade local non ten previsto cubrir esta praza no futuro, segundo lle confirmou o alcalde socialista a voceiro do PP, José Regueiro. Esta decisión provoca que a localidade quede sen esta prestación e sen o servizo de reforzo e apoio a rapaces con maiores dificultades de aprendizaxe que ofrecía dende hai tempo.
Por todo elo, José Regueiro, considera que se trata “de algo moi grave”, xa que o deber do Concello “é crear e manter servizos, non destruílos ou recortalos”. “Foi o alcalde o que mo dixo e non lle doeron prendas en facelo. Non entendemos como se pode renunciar a unhas dependencias tan necesarias e básicas coma estas, xa que a Biblioteca alberga ordenadores, conexión á Internet e é un punto de encontro de moitos veciños para facer consultas de todos tipo, incluso para o reforzo escolar”, defende o popular.
Xestión “desastrosa”
Estas instalacións municipais estiveron abertas ata decembro, pero dende este mes continúa pechada a causa da baixa maternal da bibliotecaria. A xestión do Concello está a ser tan deficitaria que as funcións desta profesional incluso ata foron desempeñadas un tempo pola traballadora que está na Oficina de Turismo, o que supuxo, engade Regueiro, sobrecargar a esta última profesional.
“A xestión do goberno local está sendo máis que desastrosa. Este é un exemplo máis do que levamos dicindo durante meses e de que o PSOE ten á Fonsagrada sumida no caos. Non cubrir a praza da bibliotecaria é un auténtico despropósito”. Por este motivo, Regueiro pide ao rexedor que reconsidere a súa decisión, co fin de que os veciños “non quedemos sen este servizo”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



