O día 11 de febrero de 2021 o Sr. Alcalde de Ribadeo colgaba unas declaración na páxina web do concello onde pedía á Xunta de Galicia que acelerase os trámites para facer obrigatoria a vacina anticovid e acusaba de “negacionistas e egoístas” aos familiares de unha usuaria da nova residncia da terceira edade de Ribadeo que rexeitaron a vacina exercendo a sua opción legal de vacinarse ou non dacordo ca normativa vixente en todo o estado español.
No día de onte, o Parlamento Galego, cos votos exclusivos do PP aprobou a reforma da Lei de Saúde que esixia o Sr. Alcalde de Ribadeo e a partir de agora a obligatoriedade das vacinas anticovid poderase implantar en Galica deixando tranquilo e satisfeito a este alcalde do BNG dende 2007.
Namentras a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública emitía un comunicado o día 22 de febrero rexeitando a devandita obligatoriedade, o día 20 faciao a Plataforma Sanitaria de A Mariña, o día 18 pronunciábase en contra a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia. Asemade a deputada nacionaista María Albert pronunciábase en contra do proxecto do PP por “restrinxir dereitos fundamentais creando un estado de alarma pemanente”.
En realidade a rexeita da obligatoriedade é prácticamente unánime no estado español, en Europa, entre as autoridades sanitarias, nomeadamente na OMS e mesmo entre os profsionais do ramo.
Ao marxen do debate sobre a restricción de deritos individuais que ten abondas referencis nos medios e nas redes imos suliñar brevemente os aspectos mais salientables para rexeitar a vacina obrigatoria.
1º Non se coñece ainda con certeza cal vai ser a eficacia das vacinas que se están aplicando hoxendía. Non se coñece o grado de inmunidade que van conferir en distintas edades, en diferentes estados da situación inmunolóxica de cadaquén, non se sabe canto tempo pode durar a inmunidade, nen se será necesario seguir vacinándose periódicamente.
2º Non se coñece o posible efecto rebaño. Se vais ser pequeno ou grande ou nengún. Seguramente dentro de poucos meses xa haberá mais evidencias sobre esta custión nas distintas vecinas, pero ate agora é un asunto descoñecido anque sexa moi desexable que se confirmen as expectativas mais optimitas.
3º Non hai abonda experiencia para saber as posibeis complicacións ou efectos secundarios nos diferentes grupos de edade, sobre todo a medio e longo prazo por razón obvias.
4º Calquer medida coercitiva subscita un efecto bumerán que pode ser moi perxudicial para os obxectivos inicias. Particularmente en nun país onde as vacinas tradicionais teñen unha aceptación voluntaria superior ao 98 % e a vacina do Covid está tendo unha aceptación superior ao 95 % nos colectivos prioritarios carece de sentido prantexarse a obligatoriedade.
Con estes condicionantes non hai que esmagare a cabeza para entender que a vacinación obligatoria non é necesaria, pode ser perxudicial e non é esaxerado calificarla de medida publicitaria, demagóxica e dictatorial.
Finalmente convén lembrar que sobre o dia 22 de decembro de 2020 iniciouse un brote de coronavirus na Hospital Asilo de Ribadeo (antiga residencia da terceira edade) no que resultaron afectadas unhas 30 persoas entre persoal e usuarias das cales catro resultaron falecidas e moitas delas foron trasladadas a outros centro de Galicia. E debe suliñarse que o primeiro caso dese brote foi unha persoa que entraba e saía a cotio nas instalacións do Hospital Asilo e a sua actividade ou profesión (que tiña numerosos contactos sociais e amplos desplazamentos) non estaba incluída nas que prevee o regulamento aprobado pola Xunta de Galicia o día 17 de setembro de 2020 para o control e prevención da infección por coronavirus nos centros da terceira edade. Folga crarexar que o concello de Ribadeo é o único responable da xestión do Hospital Asilo de Ribadeo e que neste caso concreto non se aplicaron as medidas de control de acceso de persoas e profisionais que establece a norm devandita de 17 de Setembro de 2020. Pola sua banda o concello de Ribadeo non recoñeceu estes datos amplamente contrastados e negou a existencia do primeiro caso, perfectamente referenciado por numerosas testemuñas. Asemade compre suliñar que dende o comezo deste brote as actividades devanditas no Hospital Asilo foron suspendidas e agora fanse polo televexo.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



