Xermade, a 10 de febreiro de 2021. O Grupo do PP de Xermade urxirán ao goberno local a solicitar ante a Xunta as axudas do Plan Marco para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. O voceiro popular, Antonio Riveira, engade que “a achega que a consellería de Medio Rural dirixa a Xermade en función de distintos criterios -superficie, habitantes, entidades de poboación, actividade gandeira e grao de despoboamento e envellecemento- faría posible realizar intervencións de mellora nos camiños para as que o goberno local socialista non inclúe partidas no orzamento do 2021; senón que as deixa en mans de posible remanentes doutros anos”.
Os populares defenden a realización de traballos de conservación dos camiños con zahorra e rego asfáltico e critican que “o goberno local nin sequera fixese labores de mantemento dos camiños” e, polo tanto, “agora, en época de moitas choivas, prodúcese importantes estragos”. Tendo en conta a súa importancia para facilitar o acceso e a utilización de fincas de cultivos e plantacións, dende o Grupo Municipal do PP sinalan “a importancia de mellorar” algunhas vías coma o camiño das Louseiras, en Xermade, completado polo norte co Camiño de Zaipa a Portosouto desde o límite de Momán e pasando entre Miraz e Piñeiro, que serviría tamén para vertebrar o concello de norte a sur; enlazando con camiños cara a outros núcleos. Outro camiño que vertebraría o concello sería o coñecido como Camiño de Vilalba, partindo o seu arranxo desde a Ponte Baxín por Cabreiros ata Roza da Airas en Candamil enlazando e dinamizando unha importante zona maiormente forestal. En Momán, tamén é de interese o camiño desde a Poupariña, enlazando co Sangradoiro e Cerdeira pola parte próxima ao río. En Burgás – Candamil, o Camiño da Pontenova a Feal necesita un acondicionado que o deixe como a zona próxima de concentración e en Roupar o Camiño dos Barreiros tamén serve de variante á estrada C-640 e da servizo a numerosas fincas infrautilizadas debido ao seu estado de esquecemento.
O Grupo Municipal Popular tamén pedirá na sesión plenaria que o goberno local invite ás empresas extractoras de madeira ao adecentamento dos camiños unha vez rematados os traballos; aínda que a reposición do firme se realice cando o tempo o permita porque “nos tememos que nin unha cousa nin outra”. Esta proposta dos populares débese ás queixas trasladadas polos veciños en relación ao camiño de Seo a Cavadas que se atopa intransitable para o paso de maquinaria agrícola tendo en conta, ademais, que o Concello de Xermade conta cunha ordenanza reguladora do uso do dominio público local polas actividades extractivas da madeira nos montes e espazos forestais do concello.
Ordenación municipal e xestión da biomasa
O Grupo Municipal do Partido Popular en Xermade pídelle tamén aclaracións ao goberno local sobre a estratexia que ten previsto seguir en relación á ordenación de fincas dentro do noso concello. Así, preguntarán se ten previsto facer cumprir a normativa actual sobre a xestión de biomasa e a retirada de especies arbóreas prohibidas baseándose no plan xeral de ordenación municipal en vigor que data do 2003 ou no plan xeral de ordenación municipal aprobado inicialmente no 2015 e que ten paralizado. Os populares advirten que “defiren moito” porque “o novo plan xeral vai variar notablemente a configuración de núcleos rurais”.
Axudas aos sectores máis afectados pola crise da covid-19
Os populares tamén volverán propoñer no vindeiro pleno un plan municipal de axudas aos sectores máis prexudicados polas medidas establecidas no DOG do 26 de xaneiro para a xestión da pandemia da covid-19 en Galicia. O Grupo Municipal Popular xa trasladaba ao goberno local esta petición en abril do 2020 con medidas concretas coma a suspensión do cobro de taxas municipais coma a da auga e do lixo ou outros impostos coma o IBI ou o imposto sobre vehículos para aqueles sectores máis afectados. Agora, ante os peches e as restricións actuais, cren necesario establecer axudas para compensar a falta de ingresos do sector hostaleiro.
O voceiro do PP local lamenta que “o goberno municipal de Xermade non adoptara nunha medida ata o momento alegando que as entidades locais non tiñan competencias” e compara o seu interese polos sectores económicos do municipio coa xestión que fan outros gobernos de Concellos próximos coma o de Vilalba ou o de Friol que “xa anunciaron novas medidas de apoio aos sectores máis afectados polas medidas para conter esta nova ola”.
SAF
Os populares tamén se dirixirán ao goberno local para preguntarlles se teñen constancia dalgunha problemática en relación ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) despois de recibir queixas de varios usuarios polas condicións establecidas pola empresa adxudicataria do servizo, People Plus Innovation SLU, ante situacións de especial problemática familiar. Nese sentido, preguntarán ao goberno local se ten pensado interesarse e intervir para facilitar que os usuarios do SAF teñan as mellores condicións de servizo.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



