Viveiro, 4 de febreiro de 2021. Está comprobado que a máxima pola que se rexe o goberno municipal de Viveiro é a de que, pase o que pase, nin unha proposta do PP debe ser apoiada nas sesións plenarias. Grazas a tan sectaria maneira de proceder, os sectores produtivos de Viveiro viron, por exemplo, como o ano pasado quedaban sen usar case 200.000 euros dos 400.000 do fondo municipal para axudas a autónomos e pequenas empresas. E agora, cando máis apurados están, o Concello, por obra e graza do equipo de María Loureiro, está a punto de repetir os erros. Os concelleiros do goberno impediron que prosperase a moción que defendeu o PP no pleno do pasado martes, na que, entre outros cousas, se propoñía estudar unha rebaixa do IBI, instar ao Goberno central a abrir unha liña de axudas directas e, no que se refire ao Concello, a establecer un fondo de máis de 300.000 euros para autónomos e pequenas empresas, rexido por unhas bases que permitan un acceso fácil a esas axudas.
O portavoz popular, Óscar Rodríguez, explica que os máis de 300.000 euros municipais que propoñen para axudas a autónomos e pequenas empresas saen de sumar os case 200.000 euros que quedaron sen adxudicar o ano pasado ao 1% do orzamento do Concello para este ano. Rodríguez di que, ademais da consignación dos cartos, é fundamental que as bases polas que se rexan as axudas non repitan os erros das da pasada convocatoria, porque foron moitos os que non puideron optar a elas. O portavoz popular lamenta que os concellos e as deputacións non se sumaran á Xunta para a tramitación destas aportacións. Rodríguez di: “A Xunta, na primeira quenda de axudas, repartiu 86 millóns de euros en 90 días; na segunda, vai repartir 75 coa mesma eficacia, porque dispón dos recursos necesarios para facelo. Moito me temo que, no caso de Viveiro, cando se distribúan as axudas municipais moitas empresas xa non existirán”.
Por outro lado, Rodríguez cualifica de covardía política a negativa do goberno local, presidido pola socialista María Loureiro a negativa a apoiar a moción popular na que tamén propoñía instar ao Goberno central a abrir unha liña de axudas directas aos sectores produtivos. Na mesma moción, os populares solicitaban o apoio da corporación para reclamar do Goberno central a redución ao 4% do IVA turístico.


















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



