Burela, 8 de febreiro de 2021. Os socialistas reclaman no Parlamento ao Goberno de Feijóo a que de xeito urxente repoña o servicio de cardioloxía do Hospital da Mariña, polo menos ao seu nivel previo a Setembro de 2020. Así o anunciou hoxe a Secretaria Provincial do PSdeG e Deputada Autonómica, Patricia Otero quen avanzou que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias sobre as carencias deste servizo na Mariña Lucense.
Otero tamén quere coñecer a opinión da Consellería de Sanidade sobre si considera que a atención no servicio de cardioloxía do Hospital da Mariña se atopa garantida nestas condicións, cun só cardiólogo.
A Deputada sinala que o Hospital da Mariña, sito en Burela, é o hospital de referencia da zona Norte da Provincia de Lugo e atende a unha poboación de máis de 70.000 habitantes, que se incrementa de xeito exponencial nas vacacións. Advirte que hai tres prazas de cardioloxía, “sen embargo a día de hoxe o Hospital só conta cun único cardiólogo que só atende as urxencias , tal e como veñen de denunciar pacientes e a Plataforma Sanitaria da Mariña”.
Explica ademais que en Setembro de 2020 un dos cardiólogos do Hospital da Mariña solicitou unha excedencia, sen que a día de hoxe o SERGAS cubrira esta vacante. A finais do ano 2020 o SERGAS afirmaba que a atención na área de cardioloxía se atopaba garantizada polo feito de que quedaban dous cardiólogos no Hospital.
Tal e como puidemos coñecer “dende fai 15 días, debido a una incapacide temporal, tamén falta a segunda cardióloga que forma parte deste servicio, quedando un único cardiólogo no servicio de cardioloxía no Hospital da Mariña, que só atende urxencias”.
Otero denuncia que “a non cobertura destas prazas é unha mostra máis da degradación constante e do desmantelamento da sanidade pública na Comarca da Mariña por parte da Xunta de Galicia”.
Que medidas vai a tomar a Consellería de Sanidade?
A dirixente socialista quere coñecer si “a Consellería de Sanidade cree que a atención no servicio de cardioloxía do Hospital da Mariña se atopa garantida nestas condicións?. Que medidas vai a tomar a Consellería de Sanidade para garantir que os enfermos con patoloxías cardíacas reciban a asistencia?. E cando pensa a Consellería de Sanidade cubrir as tres prazas de cardiólogos que existen no Hospital da Mariña?”.
Reunión coa Plataforma Sanitaria da Mariña
Patricia Otero sinalou tamén que estas iniciativas serán presentadas diante da Plataforma Sanitaria da Mariña, coa que manterá unha xuntanza de traballo nas vindeiras datas para analizar este asunto, así como outros aspectos relacionados coa situación sanitaria da Comarca da Mariña.






















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



