Riotorto, 22 de marzo de 2021. O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu esta mañá a entrega de 1.437 títulos de propiedade da concentración parcelaria de Órrea-Galegos, no concello lugués de Riotorto, a case 500 veciños. Deste xeito, dáse por concluído un proceso que afectou unha superficie de 1.270 hectáreas e no cal se investiu preto de tres millóns de euros.
Así, e cumprindo todas as medidas sanitarias exixidas, o conselleiro xunto coa directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participaron na entrega destes documentos que acreditan a titularidade desas 1.437 parcelas finais. Neste senso, José González sinalou que a superficie media por parcela aumentou considerablemente, xa que ao inicio desta parcelaria había algo máis de 9.000 predios, o que demostra que estes procesos de reorganización do territorio son fundamentais para paliar o minifundismo presente na comunidade, dende o punto de vista da estrutura da propiedade, e reducir os custos de produción das explotacións da zona.
Precisamente, o titular de Medio Rural afirmou que por cada concentración rematada, como a de hoxe, o Goberno galego iniciará un novo proceso para ordenar o territorio rural, poñer en valor as terras e anticiparse aos lumes. Nesta liña, José González subliñou que a través da futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, que previsiblemente se aprobará no Parlamento galego no mes de abril, seguiranse impulsando estes procesos á vez que se apostará tamén por instrumentos de mobilización voluntarios que permitan unha maior participación dos interesados na explotación das terras, como son os polígonos agroforestais, as agrupacións de xestión conxunta da terra, a iniciativa das aldeas modelo ou as permutas de especial interese agrario, entre outras.
De feito, José González avanzou que o seu departamento ten previsto decretar proximamente dúas novas parcelarias e, ademais, acábase de poñer a exposición pública -no Diario Oficial de Galicia- o estudo previo de iniciación de novos procesos en Viladonga, no concello lugués de Castro de Rei; en Seoane da Pregación, no tamén lucense municipio de Friol; e en Poulo, na localidade coruñesa de Ordes. Para seguir traballando nestes procesos de reestruturación da terra, a Consellería do Medio Rural destina máis de 12 millóns de euros neste ano 2021, que se suman aos 118 millóns de euros que se levan investido desde o ano 2009.
Cabe destacar que estas novas reestruturacións parcelarias iniciadas ao abeiro da Metaga, trasladou o conselleiro, teñen unha concepción moderna da mellora das estruturas, orientadas a favorecer o desenvolvemento económico das explotacións.
Próximas entregas
O conselleiro doe Medio Rural anunciou que nos vindeiros meses entregaranse máis de 4.500 títulos de propiedade doutras sete zonas parcelarias, beneficiando a case 2000 veciños galegos. Así, José González lembrou que a día de hoxe están abertos un total de 96 procesos, pero que en 59 deles os veciños xa fan uso das novas parcelas.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.