Ribadeo, 2 de marzo de 2021. Alejandro Torres Pérez é un dos alumnos que estivo, durante este último ano, en Italia e Porto completando a súa formación académica grazas aos programas europeos que desenvolve a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA). O mozo, que cursa os seus estudos no CIFP Virgen del Camino, de Pamplona, atópase na actualidade na empresa Caetano Baviera, de Porto, dentro do proxecto Internacionalización, Sustentabilidade e Motivación para o Coñecemento. Alejandro Torres comenta que “la experiencia es muy positiva en el ámbito laboral porque el social está totalmente condicionado por el covid, pero también eso te ayuda a crecer como persona”.
O alumno pamplonés conta que “en Oporto estoy ahora en formación orientada hacia la electromecánica, tras haber hecho un curso de formación profesional, y básicamente se trata de aprender sobre el trabajo. Llevo un mes y voy a estar tres”. La pandemia está también muy presente en el día a día de la ciudad lusa: “las relación interpersonales son muy justas, como mucho con el compañero de piso y con los del trabajo. Nada de ocio y no me pueden ayudar en nada, como por ejemplo en algo tan normal como el recorrido en metro. No me pueden echar una mano como sí podrían hacerlo sin covid. Está todo cerrado, ni siquiera las peluquerías están abiertas”.
Alejandro Torres Pérez lembra que “estuve en Italia antes, también en plena pandemia, durante tres meses. Cuando llegué había alguna restricción menos que en España, podía haber algo de ocio y los bares estaban abiertos. En las primeras semanas pude hacer un poco de turismo, pero se cerró rápido y, a partir de ahí, sólo me relacionaba con gente bastante mayor que yo. Sólo pude visitar un pueblo cercano al que yo me encontraba”.
Malia a anómala situación vivida no último ano destaca que “la verdad es que la experiencia a nivel personal en otras condiciones habría sido mucho mejor. Así tuve que estar encerrado en casa cuando quisiera haber visitado muchas zonas de Italia y de Portugal. Pero me está haciendo crecer como persona. Por ejemplo, cuando fui a Italia, no había viajado nunca en avión y me encontré en uno de los mayores aeropuertos de Europa, el de Frankfurt, después de cinco horas de viaje hasta Madrid. También en el viaje de Pamplona a Oporto tuve problemas porque hasta Madrid pude volar sin PCR pero a Oporto no, de modo que me quedé tirado durante dos días y tuve que buscarme la vida. Una vez llegué a Oporto tuve que estar quince días confinado en casa, haciendo la cuarentena obligatoria”.
Alejandro Torres anima “a otros jóvenes a vivir una experiencia de este tipo porque te hace crecer como persona, tienes que aprender a buscarte la vida, a convivir y bastantes otras circunstancias que no son las habituales. Te hace conocer otra cultura en el ámbito laboral. Algo que he visto es que Italia es más rica que Portugal y eso se nota mucho. En el mismo trabajo se cobra muy diferente. Y puedes observar que no se trabaja igual”.






















Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



