Ribadeo, 10 de marzo de 2021. O Concello planta novas árbores na zona do Cargadoiro. Trátase de acivros e de metrosideros, segundo anunciou este mediodía o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije.
O edil explicou que “nestes días estamos a iniciar uns traballos de plantación de novas árbores na zona do Cargadoiro e do parque de San Miguel. E ao mesmo tempo estamos aproveitando para sanear este espazo verde porque, debido a razóns sanitarias e de seguridade, hai varias árbores e arbustos que deben ser substituídos. Concretamente hai un piñeiro que presenta problemas de procesionaria, que pode supoñer un risco para as pícaras e os pícaros que xogan no parque infantil do Cargadoiro. E tamén hai varios arbustos que presentan problemas de saúde derivados da condición de exposición á salinidade e aos ventos da zona”.
Díaz Freije engadiu que “para substituír estas árbores danadas proxectamos plantar varios exemplares de especies máis resistentes como son os metrosideros e os acivros e que virán a completar e a mellorar o axardinamento da zona do Cargadoiro”.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



