Viveiro, 24 de marzo, 2021. O día 10 de marzo poñíase en marcha a campaña do Dia do Pai que levaba por nome “Unha Experiencia con Papá”. Repartíronse nos negocios asociados mais de 100 urnas de cartón onde os clientes podían depositar os seus tíckets de compra para participar no sorteo.
A iniciativa tivo moi boa acollida, xa que foron numerosas as persoas que depositaron os seus tíckets de compra, acadando moitísima participación. O que nos dá mostra tamén da reactivación das compras no comercio local dende o momento no que se levantaron as máximas restricións e se permitiu a mobilidade entre Concellos e puidemos recibir clientes doutras localidades, tanto da Mariña como do Ortegal.
Dende que se puxo en marcha a campaña chamou moito a atención, xa que os premios consistían en 5 caixas sorpresa “Experience Comercio Local” e outras 5 caixas sorpresa “Experience Gastronomía local”, por un valor total de 1.500€. O factor sorpresa dos premios levantaron moita expectación.
A intriga mantense ata o último momento xa que o contido detallado de cada caixa será unha sorpresa ata o momento no que se faga entrega ós gañadores, que será este venres 26 de marzo ás 16:00 horas.
Os agraciados das 5 Caixas Experience Comercio Local son:
Carmen Franco cun tícket de Paquetería Nuria
Toñita Rouco Mendez cun ticket de Supermercado Covirán La Ria
Heidy Nuñez cun ticket de Albo Zapaterías
Sabela Taboadela Pernas cun ticket de Peluquería Richard xFavor
Noa Vidal Gallardo cun ticket de Cocolatte
E os agraciados das 5 Caixas Experience Gastronomía Local son:
Pedro Piñeiro cun ticket de Africa Copias
Carmen Teijeiro Nebril cun ticket de Cocolatte
Ana López Peña cun ticket de Librería Porta da Vila
Dolores Barro cun ticket de Pastelería Fontenova
Teresa Ribeiro Travieso cun ticket de Van Surf
Dende o CCHV agradecemos a alta participación por parte dos clientes, que fixo que podamos facer unha valoración de éxito rotundo nunha campaña destas características.
Neste mes de marzo puxéronse en marcha varias iniciativas dende o CCHV. Iniciamos o mes ca campaña de Fora Stocks, cun resultado de ventas extraordinario, continuamos co sorteo de 1.500€ en premios na campaña do Dia do Pai, cun éxito de participación moi elevado, e finalizamos cunha campaña posta en marcha fai unhos días na que os envíos realizados nos meses de marzo, abril e maio, tanto á Mariña como a Ortegal serán gratuítos.
Pretendemos con esta iniciativa facilitar as compras de tódolos clientes, que por un motivo ou outro non se poden achegar a Viveiro a mercar, ou simplemente por comodidade.
Por un lado está enfocado á venta a través das redes sociais ou as webs, se un cliente ve algo que quere mercar nalgunha das redes dos negocios asociados o envío sairalle gratuíto.
Por outro lado, está enfocado a dar un servicio postventa a aqueles clientes que veñen a mercar a Viveiro e non poden levar nese momento o que queren, ben porque non hai talla, número, o artigo está esgotado e hai que pedilo ou se trata dun arranxo. Nestes casos enviaráselles gratuitamente no momento en que o produto estea dispoñible.
Estamos seguros de que esta iniciativa terá moi boa acollida, facilitará o proceso de decisión de compra dos clientes das localidades veciñas e axudará a afianzar un servizo máis que presta o comercio local.
O comercio asociado ó CCHV abrirá o Xoves Santo pola mañá, será en horario de festivos de 11 a 14 horas.





















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



