Burela, 12 de marzo de 2021. A Concellería de Deportes fixo entrega material deportivo ao club de atletismo local. O edil Ramiro Fernández Rey considera que o club está traballando moi ben e subliña que hai moitos nenos e nenas nas súas escolas deportivas. No acto de entrega de material estiveron presentes o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, e o técnico de Deportes, Iván Cao.
O edil de Deportes declarou que “nestes días desde a Concellería de Deportes vimos de facer entrega dun material deportivo ás escolas deportivas do club de atletismo, de recente creación. Colaboramos con eles nas equipacións que están dando aos nenos, nas que vai promocionado o Concello de Burela. Era unha promesa que tíñamos feito co club de atletismo en canto a súa creación fora efectiva”.
Fernández Rey salientou que “eles están traballando moi ben. Teñen moitos nenos e nenas apuntados nas escolas deportivas e nosoutros, como sempre dixemos, imos colaborar con eles en todo o que poidamos.
Estes días, tanto o alcalde como eu, fixemos entrega deste material ao presidente do Club Atletismo Burela, que é Pablo Mon. O técnico deportivo, Iván Cao Lucas, tamén se encargou de ir repartindo ese material”.
O concelleiro burelés engadiu: “imos seguir intentando colaborar, intentando axudar en todo o que poidamos tanto ao club de atletismo como ao resto dos clubs de Burela. Esperemos que dunha vez por todas pase esta pandemia e poidamos volver facer probas deportivas sen ningún tipo de restrición e libremente. Penso que o club atletismo Burela vai ser un gran impulsor do deporte porque é unha directiva que ten ganas, que ten iniciativa e que vai estar aí apoiando o deporte de Burela”.


























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



