É consello moi a ter en conta, sempre que se trata de paliar os danos das crises, o que con frecuencia se atribúe a Don Bosco en relación cos enfermos: “Se podrá hacer economía en cualquier circunstancia, pero a los enfermos provéaseles de cuanto sea necesario”. O goberno municipal encabezado por María Loureiro (PSOE) debería de tomar boa nota e ter en conta, ademais, que o tecido produtivo de Viveiro, seriamente enfermo debido a crise provocada pola pandemia, precisa que a axuda municipal sexa de aplicación inmediata e eficaz, porque ata agora non foi así. Na primavera do ano 2020 almorzamos un día co titular de que o Concello de Viveiro pagaría os recibos dos autónomos; para os que sabemos o que son os autónomos e as empresas, resultou esperpéntico. O malo foi que o que veu despois ata chegar ao día de hoxe tamén foi esperpéntico.
Aquel anuncio do goberno municipal non tiña pés nin cabeza; se o que se buscaba era sensacionalismo, igual logrou ese efecto en quen non coñece estas cuestións. Pero aínda desta maneira foi efecto de corto recorrido, porque ao pouco tempo xa se viu que non era así. O goberno local, co apoio de Por Viveiro, aprobou os orzamentos e neles unha partida de 400.000 euros para axudas aos autónomos. Era unha medida que a priori estaba ben; a clave do asunto ía estar nas bases para a distribución deses cartos e as bases foron tan desastrosas, tan sen pés nin cabeza, que nun momento de dificultade extrema como a que se vivía, e segue hoxe, quedaron sen gastar case 200.000 euros dos 400.000 consignados para este fin. Hai que facer moi mal as bases, por xente que non ten nin idea do que son os autónomos e o comercio, para que, nas circunstancias xeradas pola pandemia, quedara practicamente a metade dos cartos previstos sen chegar aos seus destinatarios.
Como era previsible, as protestas foron numerosas. E agora, no 2021, volven cometer os mesmo erros, pero co agravante da desfachatez. Agora o goberno local di que destina 200.000 euros en axudas a hostalería e autónomos; pois resulta que, euro arriba, euro abaixo, son os cartos que non logrou asignar no 2020. Anuncia que haberá dúas partidas, ao 50%. Unha será para a hostalería e o turismo e outra para autónomos.
O do goberno local con respecto a hostalería é impresentable, é propio de quen aplica sen miramentos aquilo de que por un lado dou e por outro quito. Porque non é de recibo poñer trabas en momentos como estes; xa quedaramos en que non se ía cobrar polas terrazas. Pois resulta de todo inoportuno e inxustificable que agora se obrigue a facer un plano, a escala 1:100, a todos os establecementos das súas terrazas. Iso implica chamar a un técnico, gastar de cen euros para arriba, cando o Concello dispón de técnicos suficientes para facer este traballo aos hostaleiros.
Os 100.000 euros a autónomos parece que están destinados a favorecer a todos os que quedaron sen subvención o ano anterior. Están recoñecendo que fixeron moi mal feitas as bases. Segundo a prensa, nesta ocasión haberá que demostrar que tiveron un 75% de perdas; de novo entramos no terreo do disparate. Alguén pensa que un autónomo pode ter o 75% de perdas? Ningún pode ter esas perdas, porque, para entón, xa tivo que cesar a súa actividade.
Ao goberno presidido por María Loureiro hai que dicirlle que, se non quere dar axudas, que non as dea, pero que non engane a tantos veciños que, debido á crise provocada pola pandemia, viven meses moi duros, difíciles, tristes. Lembre, señora Loureiro, que “se podrá hacer economía en cualquier circunstancia, pero a los enfermos provéaseles de cuanto sea necesario”. Pois os autónomos, a hostalería e o comercio de Viveiro están economicamente enfermos e hai que axudalos de verdade para que resistan. Xa é hora de que o faga.
Óscar Rodríguez (portavoz do PP de Viveiro)




















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



