Lugo, 2 de marzo de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, mantivo este martes na Sala de Xuntas un encontro co secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, e co presidente da recén creada Fundación Agroalimentaria Galega, Carlos Cebrián, unha xuntanza na que o mandatario provincial expresou o seu apoio e o da institución provincial a esta nova entidade posta en marcha baixo ao amparo da CEL, e que incorpora tamén a Escola de Carniceiros de Galicia, con sede en Castro de Rei.
José Tomé salientou que a Fundación Agroalimentaria Galega naceu cuns obxectivos “que están en sintonía cunha das liñas de actuación prioritarias da Deputación de Lugo, como é o apoio aos sectores produtivos, nomeadamente ao sector primario como motor da economía da nosa provincia e fundamental para fixar poboación no rural, con accións que contribúan á diversificación da produción, xerar valor engadido e contribuír á viabilidade e rendibilidade do tecido empresarial”.
Este compromiso da institución, subliñou o Presidente, queda plasmado na subida dun 13% nos Orzamentos deste ano das partidas destinadas á actividade agrogandeira, forestal e do mar; no Plan de Impulso da Economía da Provincia, que, dotado con 7M€, contempla accións de apoio directo, promoción e incentivo do consumo nos sectores económicos máis afectados pola pandemia; no impulso da Granxa Gayoso Castro como referente e motor do sector a nivel provincial e galego, e na colaboración directa que mantén a Deputación con todo o tecido produtivo a través das asociacións profesionais. De feito, a Deputación de Lugo apoia economicamente á CEL para o seu funcionamento e actividades.
Fundación Agroalimentaria para Galicia
A Fundación Agroalimentaria Galega e a Escola de Carniceiros agrupan diferentes organizacións empresarias, empresarios individuais, entidades mercantís empresariais e distintas entidades da Comunidade Autónoma Galega co obxecto de fomentar e promover o sector agroalimentario galego co seguinte desenvolvemento e potenciación do medio rural en Galicia. A entidade busca que as empresas do sector poidan rematar ciclos produtivos en Galicia e incrementar o valor do PIB comunitario.
De forma paralela nace en Castro de Rei a Escola de Carniceiros de Galicia. Trátase dun centro formativo especializado que xa ten preparadas as instalacións para impartir cursos do sector cárnico. Entre os seus obxectivos está a formación de persoal especializado e a inserción laboral dos alumnos formados.




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



