Foz, 7 de xaneiro de 2021. Xanela Agasallos e Complementos gañou o Concurso de Escaparates convocado por AciaFozCCA. O segundo premio foi para Electricidad Núñez e o terceiro para Ofifoz.
Un xurado foi o encargado de elixir aos tres escaparates premiados. Esta nova edición do concurso desenvolveuse entre 15 de decembro e o 6 de xaneiro. Os participantes enviaron as súas fotos a AciaFozCCA, que procedeu a publicalas no facebook da asociación para que todo o mundo puidese velas.
Mención especial recibiu Lourdes Moda Interior e Baño pola decoración realizada á entrada do seu establecemento.
Os premiados no Concurso de Escaparates de AciaFozCCA recibirán un diploma e un detalle.
Desde a asociación agradecen “a participación nesta nova edición do concurso, así como a decoración realizada nos escaparates dos negocios de Foz, porque contribuíron a crear un bonito ambiente de Nadal nas rúas da nosa localidade”.























O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.



