Ao cribado de Meira acudiron unhas 385 das 400 persoas citadas. No de Trabada fixéronse unhas 50 probas, entre profesores e almunos.

Arestora son 1368. Destes, 1 está en UCI no Hula, 49 están en hospitalización: 37 no Hula. 6 no Hospital da Mariña. 5 no Hospital de Monforte.
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, sumouse á reivindicación do papel da muller no arte, con figuras como a universal artista vivairense Maruja Mallo, que "aínda hoxe constitúe un exemplo para todas as mozas e mulleres", segundo sinalou. A subdelegada acompañou á alcaldesa María Loureiro e á exvicepresidenta do Goberno e actual presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso dos deputados, Carmen Calvo, que foi a encargada de clausurar, esta mañá, o ciclo de conferencias "Maruja Mallo, Viveiro e a vangarda do século XX".
Será con Verónica Cambón na Praza do Souto, ás 13:30 h.
A promoción de 2º de Bacharelato deste ano 2022, formada por 58 alumnos/as recibiu unha pequena homenaxe no salón de actos do instituto e posteriormente confraternizaron nunha cea de alumnado e profesorado. Desexámoslles toda a sorte do mundo nesta nova etapa.
A presunta autora supostamente tras acceder ás caixas de correos, substraiu do interior dun deles as chaves dunha vivenda, á que supostamente accedeu, levándose varios enseres. Así mesmo a presunta autora realizou danos diversos a vehículos estacionados no garaxe do mesmo edificio e nunha das terrazas do inmoble, onde supostamente provocou un incendio. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.
Será ás 20:30h con Malajunta Tango Dúo que presentan "Apiazzolados". Entrada de balde
Nesta cariñosa celebración estivo acompañada de toda a súa familia, comezando coa súa filla Carmen, o seu neto Anselmo Basanta e o seu bisneto Victor. O concello da Pontenova suma así unha nova centenaria no seu censo, por iso o Alcalde desexoulle a Aurelia que siga gozando de moita saúde para seguir cumprindo anos.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital