Viveiro, 17 de abril, 2021. O BNG de Viveiro mantivo na tarde onte, 16 de abril, unha reunión coas principais asociacións deportivas do concello de Viveiro na que recolleu as súas demandas.
A principal necesidade na que coinciden todos os clubes é a relacionada coas subvencións concedidas por parte do Concello de Viveiro, até o de agora adxudicados directamente sen criterio algún coñecido e empregando a vía da excepcionalidade para a súa concesión, procedemento que dende as asociacións non consideran xusto polo que reclaman a posta en marcha dunha convocatoria de liñas de axudas por concorrencia competitiva, baseadas na igualdade de oportunidades e a total transparencia destinadas ás entidades sen ánimo de lucro (asociacións veciñais, culturais e deportivas) sen verse na obriga de ter que pasar, ano sí e ano tamén, polos despachos dos membros do goberno municipal.
Demanda que por outra banda, vimos reclamando dende o BNG en cada pleno orzamentario ao goberno do PSOE e que segue sen ser atendida co conseguinte perxuízo para as asociacións, xa que as cantidades establecidas na maioría dos casos é ridícula se se compara co gasto do desenvolvemento da actividade que realizan e non se axeita a ningún criterio que permita o reparto equitativo entre as asociacións.
Así pois o BNG presentará no vindeiro pleno de maio unha moción para instar ao goberno de María Loureiro a aplicar a ORDENANZA REGULADORA DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE VIVEIRO que se aprobou en tempos do bipartito sendo concelleiro de deportes o nacionalista Xosé Antón Goás Basanta (Mitas), así como a creación dunha comisón da que formen parte todas as asociacións e clubes do concello de Viveiro para acordar AS BASES REGULADORAS da concesión de ditas subvencións.






















Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.

