Ribadeo, 14 de abril de 2021 Comezaron hoxe as obras de mellora da rúa da estación, que discorre paralela á vía de Feve. O alcalde, Fernando Suárez, salientou que se trata dunha arteria principal que dá servizo ás parroquias do interior e a moito tráfico pesado. O vieiro terá dez metros de ancho, contará cunha beirarrúa, con nova iluminación led, árbores e mobiliario urbano. O investimento ascende a máis de 350.000 euros dos que 280.000 son aportados pola Deputación de Lugo, a través da Área de Medio Rural, e 79.000 euros proceden de fondos propios do Concello de Ribadeo.
O rexedor ribadense dixo que “logo de moitos malos momentos, de moitos problemas que tivemos que ir superando, desde obter a titularidade deste vial, a confección dun proxecto moi complexo e desde logo conseguir o financiamento necesario para resolver de maneira axeitada o amaño desta arteria principal de Ribadeo que, aínda estando en plena vila, dá moito servizo ás parroquias do interior ao saír moita carga pesada por alí”.
Suárez Barcia sinalou que “imos amañar integralmente a rúa da estación, ampliando o ancho do viario a dez metros, coa construción tamén dunha beirarrúa nunha das súas marxes, coa colocación dun novo sistema de iluminación led, coa colocación de árbores e diverso mobiliario público. Ademais aproveitaremos para amañar a rúa adxacente, que é a rúa Segundo Moreno Barcia”.
O alcalde subliñou que “unha vez máis, a Deputación Provincial, dentro da Área de Medio Rural, foi determinante para axudarnos a financiar esta importante obra cunha achega de 280.000 euros, que foi un 78%, e con 79.000 euros do Concello, que puxemos con fondos propios. Así puidemos completar o orzamento total de 359.000 euros, que é o que vai custar mellorar completamente este viario”.
Fernando Suárez engadiu que “foi unha pena que a Xunta de Galicia, despois de térsenos asegurado no pleno da Corporación por parte do PP local que desta volta ía poñer si ou si, ao final coma sempre foi non. Con todo, xa estamos afeitos a estes desplantes e oxalá no futuro inmediato cambien a súa actitude porque sempre será positivo para Ribadeo. Pero mentres iso non aconteza, como sempre, nós ao noso que é seguir transformando Ribadeo para mellor”.
O inicio dos traballos na rúa da estación foron supervisados este mediodía polo alcalde, Fernando Suárez, pola responsable da Área de Medio Rural da Deputación, Mónica Freire, que tamén é concelleira de Obras en Ribadeo, e polos edís de Medio Ambiente e Cultura, Jorge Díaz e Pilar Otero.










A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



