
Foto de arquivo
Ribadeo, 17 de abril de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, fai un chamamento á poboación para que “estremen as precaucións nos comportamentos individuais e colectivos”, logo de terse confirmado que os positivos por covid neste momento son 12 e que se están a facer máis probas para confirmar ou non novos casos.
O rexedor explicou que “soubemos no Concello, por información das autoridades Sanitarias do Sergas de que o número de positivos por Covid19 en Ribadeo xa ascende a 12 persoas. Tamén sabemos que a mais persoas se lles están a facer as probas necesarias para confirmar ou non novos positivos”.
Suárez Barcia dixo: “debemos ser conscientes que se a situación segue a medrar nos vindeiros días é posible, e moi probable, que as mesmas autoridades sanitarias rematen por cambiar a categoría de seguridade sanitaria na que Ribadeo leva unha boa temporada. Iso supoñerá irremediablemente unha limitación das capacidades dos negocios, das tendas, bares, restaurantes, etc”.
O alcalde subliñou: “queremos facer este serio chamamento a toda a poboación, de Ribadeo, e de fóra del, para que POR FAVOR, estremen as precaucións nos comportamentos individuais e colectivos. Non se trata de que as forzas de seguridade fagan ou seu traballo, que o fan, senón de que actuemos todos e todas con responsabilidade no uso da máscara, nos aforos máximos tanto en locais públicos coma en domicilios privados e respectemos as normas ditadas para que a cousa non vaia a máis”.
E engadiu: “todos vemos xa que o final do túnel está a tiro de pedra. Non vaia ser o demo de que antes de chegar a el teñamos que pasar por outra xeira de confinamento”.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



