Ribadeo, 7 de abril de 2021. O Concello de Ribadeo recibiu hai uns días, no rexistro de entrada, o proxecto de rehabilitación da Torre dos Moreno que xa foi remitido á Comisión de Patrimonio de Lugo para que o informe. O alcalde ribadense, Fernando Suárez, considera que comeza a conta atrás para que este icónico inmoble luza en todo o seu esplendor e para garantir a seguridade en toda a contorna.
O rexedor explicou que “a pasada semana entrou por fin, no rexistro de entrada do Concello, o proxecto para rehabilitar a emblemática Torre dos Moreno por parte da súa propiedade. Este agardado proxecto de arranxo deste edificio xa foi enviado á Comisión de Patrimonio de Lugo, que é un organismo dependente da Xunta de Galicia, que deberá informar preceptivamente esta proposta antes de que desde o Concello lle outorguemos a licenza municipal de obras”.
Suárez Barcia indicou que “este proxecto contempla, entre outras, actuacións de reparación da estrutura e do saneado de cubertas e de todas as súas fachadas. Os materiais de recuperación das fachadas van ser similares aos do morteiro de cal,que ten actualmente o edificio e tamén os materiais de cuberta serán os mesmos que os do edificio actual”.
Fernando Suárez contou que “tamén se vai proceder á colocación de novas carpinterías exteriores, dado o mal estado das actuais, e en todo caso a intervención non vai modificar a volumetría do edificio orixinal”.
O alcalde engadiu que “empeza, polo tanto, a conta atrás para que este edificio icónico de Ribadeo poida lucir todo o seu esplendor que tivo a principios do século XX, e por riba de todo que coa súa rehabilitación poida asegurarse a seguridade pública necesaria tanto na contorna da rúa Villandrando como na Praza do Cantón”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



