Ribadeo, 25 de abril de 2021. O Concello ribadense colabora na organización do I Half Triatlón Ribadeo que se celebrará o día 15 de maio. A proba é puntuable para o Ranking Nacional de Triatlón de Media e Larga Distancia e contará coa participación de máis de 500 atletas. A saída terá lugar ás nove da mañá da praia dos Bloques. As inscricións pódense realizar en www.halftriatlonribadeo.com.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, subliñou que “por primeira vez se vai facer un triatlón aquí organizado pola Federación Española e a Federación Galega. Estamos contentos porque é unha iniciativa que levamos varios anos traballando nela, entre a organización máis o Concello. Supón nestes momentos, tan diferentes e extraordinarios, un traballo enorme. Será o 15 de maio, que é unha data que esperemos que todos poidamos estar nunha situación algo máis normal. É interesante porque toca moitas parroquias de Ribadeo, sobre todo do interior que normalmente non se fai moito fincapé nelas no tema deportivo. Neste caso parroquias como Covelas e barrios como Vilela e As Anzas veranse afectados por un corte de tráfico, pero á súa vez tamén irá xente por alí e sairán nos medios. Queremos dicirlles aos veciños que se lles manterá informados e unha semana antes poñerase toda a información dos cortes que vai haber e os cruces principais que se verán afectados por esta proba”.
O edil ribadense agradeceu “aos voluntarios e voluntarias que vai haber todo o seu esforzo porque unha parte fundamental, como en todas as carreiras e os eventos, é o voluntariado, tanto o que ven de fora como o que é do concello. Esperemos que saia todo ben. É a primeira edición e sabemos que todo se pode mellorar. Escollemos esta data porque normalmente aquí no concello non se fai ningún evento deportivo e está libre tanto ese fin de semana como o seguinte. Esperemos que haxa moitas máis edicións”.
Díaz Freije engadiu: “tamén quero recalcar e estimar a colaboración dos Concellos de Trabada e de Barreiros por apoiar tamén este proxecto porque parte destes dous concellos se ven afectados polos cortes para facer esta proba tan transversal. Así que quero agradecerlle o seu esforzo ás dúas alcaldesas, a Mayra García e Ana Ermida”.
Pola súa banda, o xerente da empresa Laetus Sport, organizadora do Half Triatlón Ribadeo, Víctor Martínez, explicou que “la salida será a las nueve de la mañana de la playa de Os Bloques. Es una prueba de carácter nacional, con lo cual nos permite que, aunque hubiera restricciones de movilidad, nos visitará gente de toda España.
Consiste en una prueba de triatlón de distancia media-larga. Hay dos modalidades: una que son mil metros nadando, cuarenta kilómetros en bicicleta y diez corriendo; y otra que es el doble, dos mil metros nadando, ochenta kilómetros en bicicleta y veinte de carrera a pie.
Las pruebas de natación se desarrollan en la playa de Os Bloques. El circuito ciclista sube por la zona de Santa Cruz hasta llegar a las proximidades de Trabada y la carrera a pie es toda por la zona del casco de Ribadeo llegando hasta el Faro y vuelta”.
Víctor Martínez dixo que “es un tipo de triatlón que por sus características es una prueba de turismo deportivo, porque cuando es tan larga la gente no viene y se va, ya que tienen que descansar antes y después. Está pensado para que nos visite gente de toda España. Este año, a pesar de las limitaciones y de las circunstancias, y que la gente de momento si no cambia hasta el día 15 no pueden venir acompañados, estimamos que va a haber en Ribadeo en torno a 300 o 400 plazas de alojamiento. Vamos a tener entre 500 y 600 participantes. En este momento ya estamos en 470 y falta un mes. Prácticamente el 50% de los participantes no son de Galicia, pero incluso de Galicia todos los que no estén muy próximos también tienen que alojarse en Ribadeo.
Vendrá gente de Pontevedra, de Ourense, de Vigo, de A Coruña, etc”.
O xerente de Laetus Sport manifestou que “aunque nosotros somos una empresa de Madrid, yo tengo una segunda residencia en Serantes desde hace unos veinte años y estoy enamorado de esta zona, es mi vida.
Llevo mucho tiempo con ganas de poner en marcha algo. Nuestra empresa lleva treinta años de actividad, hemos trabajado por toda España haciendo eventos muy importantes y llevaba tiempo con ganas de hacer algo aquí. Ahora nos parece que es útil. Este tipo de pruebas son muy transversales porque aportan a la hostelería y al comercio, en principio porque tiene un retorno importante económico para la zona, pero sobre todo contribuye a que esta gente que viene a competir y ve Ribadeo por primera vez probablemente luego vuelva de vacaciones y con más tiempo. Llevo veinte años recibiendo mucho de aquí y quiero devolverle algo”.
No acto de presentación participaron o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a rexedora de Trabada, Mayra García, o concelleiro e o técnico de Deportes de Ribadeo, Jorge Díaz e Iván Rodríguez, e o xerente de Laetus Sport, Víctor Martínez.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


