Viveiro, 29 de abril, 2021. O concello de Viveiro conta cun importante número de asociacións, clubes e entidades sen ánimo de lucro que desenvolven unha importantísima labor que promove a creación de redes asociativas, fomenta hábitos de vida sudábeis e xera actividade e dinamismo para a nosa veciñanza. A destacar o papel desinteresado destas organizacións, nas que as directivas desenvolven a súa labor coa maior eficiencia sen nada a cambio. Son moitas as horas e a dedicación destas persoas que fan posíbel sacar adiante un clube, mais en retorno pouca axuda se lles está a aportar dende o Concello.
O BNG de Viveiro vén de reunirse co groso das asociacións, clubes e entidades sen ánimo de lucro de Viveiro para constatar unha vez máis, a necesidade imperiosa de mudar o sistema de adxudicación das subvencións que vén facendo o goberno do PSOE sen aplicar ningún criterio obxectivo. Esta é a principal demanda que nos trasladan e que debe ser atendida coa maior das urxencias.
Demandan un reparto de fondos públicos en base a criterios de obxectividade, concorrencia e publicidade que garantan a transparencia das actuacións administrativas, poder participar e ser escoitados por parte do Concello en todo o que ten a ver coas subvencións que lles son outorgadas, xa que o actual sistema, discrecional, está a dificultar e moito o desenvolvemento da súa actividade. Primeiro, porque as cantidades concedidas en base a criterios subxectivos, non son suficientes para desenvovler cun mínimo de decencia a súa actividade; e segundo porque non lles permite deseñar a súa actividade cun mínimo de previsión, polo que reclaman a adxudicación de fondos a dous anos vista.
Esta situación está a ocasionar un profundo malestar na veciñanza, especialmente na que colabora directamente con entidades e colectivos cidadáns sen ánimo de lucro, pois os repartos non garanten a equidade nin permiten desenvolver a súa actividade de forma eficiente.
O goberno de María Loureiro debe ser coñecedor de que no Concello de Viveiro está vixente dende o ano 2004 a ORDENANZA REGULADORA DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE VIVEIRO, con data de publicación definitiva 2 de xuño de 2004. Lembramos que este texto naceu a inciativa do concelleiro nacionalista, Xosé Antón Goás Basanta (Mitas), responsábel da área de deportes como membro do bipartido BNG-PSOE, e nel se estabelecen as bases e criterios para o reparto de fondos públicos municipais conforme e que non se está a aplicar.
Polo anteriormente exposto, o BNG presenta esta moción, posta en común coa gran parte das asociacións, clubes e entidades sen ánimo de lucro de Viveiro, demandando a aprobación dos seguintes acordos:
1. O equipo de goberno do concello de Viveiro, calquera que sexa a súa composición, comprométese a partir da data de aprobación desta moción a aplicar a ORDENANZA REGULADORA DA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE VIVEIRO aprobada en data 2 de xuño de 2004.
2. Levarase a cabo a creación dunha comisión da que formen parte todas as entidades e colectivos cidadáns sen ánimo de lucro do concello de Viveiro así como os grupos políticos presentes na Corporación, para acordar AS BASES REGULADORAS da concesión de ditas subvencións que deberán estar elaboradas para a súa aplicación dende o vindeiro orzamento do ano 2022.
3. Garantir que todas as entidades e colectivos cidadáns sen ánimo de lucro do concello de Viveiro conten co apoio técnico dos Servizos Económicos do Concello de Viveiro para o trámite e información das xestións habituais destas entidades.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



